Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de noviembre de 2022

O pleno aproba destinar 1,2 millóns de euros á compra de novos equipamentos para o servizo municipal de Bombeiros

O Concello conxela todas as taxas e impostos municipais para o ano 2023

José Manuel Lage: “Este Goberno municipal leva conxelando de maneira selectiva impostos e taxas nos últimos tres anos, conscientes da situación de crise económica actual”

O portavoz do Goberno municipal, José Manuel Lage,  anunciou hoxe no pleno ordinario do mes de novembro a conxelación das taxas e impostos de carácter municipal para o próximo ano 2023. O tamén concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage, expuxo os motivos para manter os prezos públicos: "O Goberno de Inés Rey toma esta medida para lles axudar ás familias. Non lle aplicaremos a ningunha das nosas taxas á suba do IPC", indicou José Manuel Lage durante a súa intervención.

O voceiro municipal apuntou que durante o actual mandato se aplicaron rebaixas fiscais en diferentes ámbitos. Lage lembrou que neste período se bonificaron as familias numerosas e monoparentais nos recibos da auga, lixo e sumidoiros, así como as empresas no IAE cando teñen resultados negativos, ou as plusvalías ás rendas máis baixas, entre outras. "Este Goberno municipal leva conxelando de maneira selectiva impostos e taxas nos últimos tres anos, conscientes da situación de crise económica actual", sinalou José Manuel Lage.

Durante o actual mandato aprobáronse ata 22 bonificacións en taxas e prezos públicos, das que a meirande parte seguen en vigor. A última bonificación aprobada foi a rebaixa no 60% do prezo do bus universitario.

No pleno tamén se aprobou unha bonificación do 50 % na cota íntegra do imposto sobre construcións, instalacións e obras nun edificio situado na rúa Orzán. Esta medida é froito doutra rebaixa fiscal aprobada en 2020 polo Goberno de Inés Rey no ICIO para as persoas que queiran levar a cabo traballos de rehabilitación en vivendas catalogadas en zona Pepri.

Novos equipamentos para o servizo de Bombeiros

O pleno deste mes de novembro aprobou a ordenanza fiscal reguladora das contribucións especiais para a ampliación do servizo de extinción de incendios, que neste exercicio anual incrementa a súa partida orzamentaria ata 1.196.489,70 euros, con vistas a mellorar os equipamentos do equipo de profesionais do parque municipal de Bombeiros.

A ordenanza deste ano 2022, explicou José Manuel Lage, contempla a adquisición de novos vehículos de intervención, por valor de 354.555,56 euros; ademais, financiarase con 250.000 euros a compra dun vehículo guindastre-portacontedores. Por outra banda, subministraranse un vehículo lixeiro e unha ambulancia para o Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento, o que implicará un investimento de 140.934,14 euros.

En paralelo, tamén se porá en marcha un plan de mellora integral no parque municipal de Bombeiros, sito no polígono de Agrela, plan que abrangue cinco medidas: tarefas de pintado no parque; instalación de placas solares para acadar unha maior eficiencia enerxética; execución dun muro de protección exterior para prácticas; instalación dun sistema de calefacción nas aulas do parque municipal; e adquisición de novos tobogáns de descenso rápido. O investimento é de 212.000 euros.

A maiores, adquiriranse novos equipamentos de protección individual, materiais de rescate e subministros de sinalización, así como de excarceración eléctrica para actuación en caso de accidentes de circulación, o que implicará un investimento de 159.000 euros. Por último, destinaranse 80.000 euros á financiar a adquisición dos equipamentos de xestión informática do parque municipal de Bombeiros (50.000 euros) e novo mobiliario para mellorar o recinto (30.000 euros).

Declaracións institucionais

O pleno de novembro comezou coa lectura por parte da alcaldesa, Inés Rey, de dúas declaracións institucionais, unha delas con motivo da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero o próximo 25 de novembro e outra de adhesión ao compromiso público polo emprego e a profesión xornalística, aprobado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Por outra banda, na sesión de hoxe tomou posesión do seu cargo como concelleira non adscrita Susana Soneira Lema, que substitúe a Claudia Delso.

Moción urxente pola desaparición da coruñesa Ana Baneira

Durante o transcurso do pleno, acordouse incluír unha moción conxunta e urxente ante a información trasladada pola axencia internacional de dereitos humanos Hrana sobre a detención da coruñesa Ana Baneira en Irán. Ante o descoñecemento sobre o seu paradoiro e á espera de recibir máis datos do Ministerio de Asuntos Exteriores, aprobouse por unanimidade esixir a súa inmediata liberación xunto coa de Santiago Sánchez, español tamén detido en Irán. Tamén se lles solicitou ás institucións nacionais e internacionais que realicen todas as xestións necesarias para conseguir a súa liberación. A corporación trasladou o seu apoio á familia e persoas achegadas de Ana Baneira.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión