Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

9 de febrero de 2023

O Concello da Coruña abre este venres 10 o prazo de solicitude das axudas de conservación, mellora da eficiencia enerxética e accesibilidade en vivendas

A convocatoria, dotada con 5,3 millóns de euros de orzamento, ten como obxectivo contribuír á financiación da reforma de fachadas e cubertas, e a garantir a rehabilitación e melloras en accesibilidade en edificios residenciais

O Concello da Coruña abre este venres, 10 de febreiro, o prazo de solicitude das axudas para a conservación, a mellora da eficiencia enerxética e a accesibilidade en edificios de vivendas, unha convocatoria dotada cun orzamento de 5,3 millóns de euros e que foi aprobada en Xunta de Goberno Local a mediados de xaneiro.

As liñas de axuda dispostas polo Goberno de Inés Rey no contexto desta convocatoria son tres: obras de mellora da eficiencia enerxética; obras de accesibilidade; e, por último, obras de conservación dos edificios de uso residencial de vivenda colectiva, no caso daqueles que teñan máis de 50 anos de antigüidade.

As axudas para acometer obras de mellora da eficiencia enerxética financian a reforma de fachadas e cubertas, a substitución de caldeiras, a instalación ou substitución de sistemas de redución do consumo, a instalación de enerxías renovables e o cambio de fiestras. O obxectivo é que as intervencións susceptibles de axuda permitan acadar unha redución da demanda enerxética anual do inmoble de, polo menos, un 25 % sobre a situación previa á actuación. 

No referente ás obras de accesibilidade, o servizo municipal de Rehabilitación e Vivenda contempla tres modalidades. A primeira, obras que, en edificios de vivenda colectiva, permitan dispoñer un percorrido totalmente accesible desde o acceso do edificio, na vía pública, ata cada unha das vivendas. A segunda modalidade céntrase nas obras de accesibilidade que afecten ao interior das vivendas nas que residan persoas con mobilidade reducida. A terceira e última modalidade busca garantir melloras de accesibilidade no interior das vivendas nas que residan personas maiores de 70 anos.

No tocante ás axudas para acometer obras de conservación, destinaranse a edificios de uso residencial de vivenda colectiva con máis de 50 anos de antigüidade.

O importe destinado ás axudas será desglosado en dúas anualidades, de 2.650.000 euros para cada exercicio, a aplicar entre os anos 2023 e 2024.

O prazo de presentación das solicitudes será de dous meses, a contar desde mañá, venres 10, e ata o día 10 de abril.

A información completa sobre a convocatoria, así como as bases para tramitar a solicitude, xa están dispoñibles na ficha específica sobre as  Ayudas para la conservacion, la mejora de la eficiencia energética y la accesibilidad en edificios de viviendas .

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión