Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

26 de septiembre de 2022

O Concello da Coruña aproba a cesión dos terreos precisa para o inicio das obras da estación intermodal

Licitado por 2 millóns de euros o proxecto e a obra de construción do campo de fútbol de Eirís, que ten un prazo de execución de oito meses

O pasado 16 de setembro, o Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF) outorgou a concesión demanial gratuíta a favor do Concello para ocupar 28.000 metros cadrados de solo ferroviario, na contorna da estación de San Cristovo, para destinalos á estación intermodal.

Co obxectivo de garantir os avances necesarios para que poidan dar comezo ás obras da nova intermodal, na Xunta de Goberno Local celebrada este luns autorizouse a cesión destes terreos á Xunta, por parte do Concello da Coruña, con vistas á posta en marcha dos traballos coa maior celeridade.

"É unha intervención fundamental para mellorar as conexións de transporte da cidade e tamén para favorecer os procesos de rexeneración urbana en barrios como Os Mallos e A Sardiñeira", apuntou Inés Rey. Neste proxecto, o Concello investirá máis de 14 millóns de euros, que irán destinados á propia estación intermodal e tamén á renovación urbana da Sardiñeira e da avenida do Ferrocarril. No pasado mes de maio, e con vistas á axilizar os trámites para o comezo dos traballos, o pleno ordinario da Corporación aprobou a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal para concluír todos os procesos urbanísticos relacionados coa futura estación intermodal da cidade.

Licitación da obra do campo de fútbol de herba artificial en Eirís

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe tamén a licitación das obras comprendidas no proxecto de execución do campo de fútbol de herba artificial de Eirís, que tamén abranguen o acondicionamento de vestiarios e o peche perimetral do recinto. O investimento ascende a 2.012.000 euros e o prazo de execución dos traballos é de oito meses. 

A licitación do campo de Eirís permitirá que o campo estea operativo no primeiro semestre do ano próximo. A obra atravesou por diversas vicisitudes que impediron a súa posta en marcha ata o de agora. Con este investimento o Goberno de Inés Rey pon fin aos trámites para que o campo de fútbol de Eirís poida ser unha realidade durante o actual mandato.

Melloras por 600.000 euros no centro cívico de Elviña

Ademais, esta mañá tamén se aprobou a licitación das obras para acometer a reforma do sistema de eficiencia enerxética no centro cívico de Elviña, traballos que contarán cun orzamento de 604.170,55 euros e serán confinanciados, nun 80 %, con Fondos FEDER, ao estar integrados na Estratexia Integrada de Desenvolvemento Urbano Sostible (EIDUS).

Esta intervención, tras a posterior adxudicación e posta en marcha dos traballos, terá un prazo de execución de catorce semanas. "O obxectivo", indica a alcaldesa, Inés Rey, "é optimizar as instalacións municipais e adaptalas para reducir a súa demanda enerxética, en sintonía co plan posto en marcha polo Goberno municipal para impulsar un cambio de modelo enerxético na cidade, que permita convertela nun lugar máis sostible".

A reforma do sistema de eficiencia enerxética no centro cívico de Elviña dá continuidade ao plan de mellora de infraestruturas municipais neste distrito. A finais de abril, o Concello da Coruña aprobou a licitación das obras para a reforma integral do edificio do centro cívico no barrio do Birloque, unha intervención que tamén será cofinanciada con Fondos FEDER e conta cun orzamento de 797.912 euros.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión