Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

6 de noviembre de 2025

O Concello da Coruña conxelará as taxas e tributos no vindeiro ano 2026

O voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, anunciou hoxe no Pleno que o Executivo local non modificará á alza as taxas e prezos públicos no próximo exercicio

A Coruña non incrementará as súas taxas e tributos no vindeiro ano 2026. Así o confirmou esta mañá o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, na sesión plenaria de hoxe en María Pita.

A posible conxelación das taxas e prezos públicos xa a avanzou o voceiro do Goberno municipal no Pleno de outubro. Hoxe, Lage apuntou que esta política de conxelación fiscal na cidade herculina responde "á necesidade de contribuír a manter o poder adquisitivo das coruñesas e coruñeses, mantendo ao mesmo tempo o nivel de investimentos con recursos acadados por outras vías".

Entre os ingresos previstos destacan os 1,5 millóns de euros dos que disporá o Concello grazas ás achegas das empresas aseguradoras, unha cifra que, a través da Ordenanza de Contribucións Especiais -aprobada hoxe no Pleno- permitirá acometer melloras no parque municipal de Bombeiros. Lage explicou que "as contribucións espaciais establécense mediante as achegas das compañías de seguros, que afrontan menores cargas cos seus clientes grazas á acción do servizo de Bombeiros. Por dito motivo as compañías aportan en función da súa cota de mercado, recursos destinados precisamente a mellorar o servizo de extinción de incendios e de emerxencia".

Esta partida de 1,5 millóns servirá para costear, por exemplo, o acondicionamento na parcela de ampliación das instalacións do parque de Bombeiros, en Agrela, así como a adquisición dun novo posto de mando móvil para a xestión de emerxencias e grandes eventos. Isto permitirá dispoñer da última tecnoloxía para eventos organizados polo Concello, como é o caso do San Xoán.

O Concello aprobou hoxe a modificación de outras catro ordenanzas, no caso do Servizo de Axuda do Fogar para adaptala ás normas establecidas pola Xunta para todos os concellos, e no resto dos casos, para contribuír á maior claridade dos textos.

Luz verde ao estudo de detalle en Peñarredonda, preto da rúa Hamburgo

Outro dos asuntos destacados na orde do día de hoxe foi a aprobación definitiva do estudo de detalle do Polígono R40 Peñarredonda 1, que facilitará o desenvolvemento urbanístico de tres parcelas próximas á rúa Hamburgo.

O concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego, detallou máis polo miúdo os aspectos técnicos da actuación definida no estudo de detalle, apuntando á importancia de integrar paisaxísticamente as futuras edificacións no conxunto da contorna, como terrazas en pendente, para diminuír o seu impacto visual.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión