Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

20 de febrero de 2022

O Concello da Coruña crea 39 novas prazas de aparcadoiro coa reordenación das rúas Posse e Mercé

Os traballos desenvolveranse a próxima semana e suporán un incremento do estacionamento en batería nas dúas vías e a creación dunha área de carga e descarga na rúa da Mercé

O Concello da Coruña inicia esta semana dúas actuacións que permitirán gañar 39 novas prazas de aparcadoiro para vehículos nas rúas Posse e Mercé. Os traballos levados a cabo pola Concellaría de Urbanismo, Infraestruturas, Mobilidade e Vivenda suporán a reorganización de ambas vías sen que se reduza o espazo peonil.

Está previsto que os traballos se executen, en función das condicións meteorolóxicas, o martes 22 na rúa Posse e o xoves 24 e venres 25. Os traballos levaranse a cabo en ditas xornadas, o que suporá diferentes alteracións do tráfico durante o día.

Na rúa Mercé pasarase do tramo de dobre sentido a un de sentido único. Trátase dunha petición da Asociación de Veciños Oza - Gaiteira - Os Castros que o Goberno de Inés Rey atende deste xeito co fin de optimizar os diferentes usos da calzada. O espazo sobrante da eliminación dun carril suporá a xeración dun aparcadoiro en batería nun dos lados da vía. O número de prazas neste tramo da rúa pasa de 63 a 88, aumentando en 25 unidades.

Por outra banda, por petición dos comerciantes da zona, crearase unha nova zona de carga e descarga no cruzamento coa avenida da Concordia. Foi solicitada ao Concello durante a inauguración da peonalización da rúa Monte das Moas.

No caso da rúa Posse, pasarase de 15 prazas no lado dos números pares a un total de 29, aumentando en 14. Estes traballos non suporán a eliminación de espazo peonil. Axustarase o espazo da calzada e, ademais, dificultarase o estacionamento indebido pasando as prazas de aparcadoiro a ser en batería.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión