Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de octubre de 2021

O Concello da Coruña edita un manuscrito inédito sobre Emilia Pardo Bazán

Esta obra da mestra e pedagoga María Barbeito inclúe documentos relacionados coa escritora doados ao arquivo municipal

O Concello da Coruña ven de editar un manuscrito inédito con numerosos documentos sobre Emilia Pardo Bazán. O libro 'Apuntamentos sobre Emilia Pardo Bazán' estará presente na inauguración da exposición 'Emilia Pardo Bazán. O reto da modernidade', que organiza a Biblioteca Nacional de España e terá lugar este xoves ás 19.00 horas no Kiosko Alfonso.

O goberno local continúa desta maneira lembrando a figura dunha das escritoras máis destacadas da literatura española no centenario do seu pasamento. O Concello organizou durante este 2021 medio cento de actos, actuacións e eventos dentro do programa 'EPB 100'. A chegada á Coruña da exposición da Biblioteca Nacional de España permitirá afondar aínda máis na figura dunha das veciñas máis ilustres da cidade.

Por iso, o Concello quere aproveitar a ocasión para presentar esta publicación que inclúe documentos dos fondos e as coleccións do arquivo municipal relacionados con Emilia Pardo Bazán. Trátase dun borrador, cincuenta cuartillas, dividido en quince capítulos e elaborado pola mestra e pedagoga María Barbeito Cerviño (1880-1970) tras a morte da escritora. O texto está redactado desde a admiración e o respecto, pero tamén desde o coñecemento persoal que tiña a autora da escritora coruñesa.

O libro está ilustrado con varias imaxes relacionadas coas dúas mulleres. Son reproducións de documentos textuais, gravados e fotografías pertencentes ao arquivo municipal. Destaca, por exemplo, unha imaxe da función 'Árbore de Noel' no Teatro Principal en favor das familias dos náufragos do Unión, organizada por Pardo Bazán, Mercedes tella e María Barbeito o 20 de decembro de 1908.

O texto de María Barbeito está prologado por Isabel Burdiel, catedrática de Historia Contemporánea da Universitat de València, especializada no século XIX e autora, entre outros, do volume 'Emilia Pardo Bazán' que foi editado en 2019. Burdiel é tamén a comisaria da mostra e no seu texto traza o vínculo entre María Barbeito e Pardo Bazán.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión