Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de noviembre de 2022

O Concello da Coruña estreará en decembro o novo sistema de venda de entradas en liña para facilitar as visitas á Torre de Hércules

O público poderá elixir a franxa horaria na que desexa acceder ao monumento, sumándose ao sistema de reservas que xa funciona no Arqueolóxico e ao que se sumarán o resto dos museos coruñeses nos vindeiros meses

O Concello da Coruña prepara a implantación do sistema de venda de entradas en liña para a Torre de Hércules. O público interesado en visitar o monumento declarado en 2009 Patrimonio Mundial pola UNESCO poderá adquirir as entradas a través de internet e na franxa horaria na que desexa facer a visita, o que permitirá unha mellor organización no acceso diario á Torre.

A Torre de Hércules unirase así ao sistema de venda de entradas en liña a través da web www.ticketing.coruna.gal. O primeiro museo en incorporarse á venda en liña foi o Arqueolóxico, ao que suma agora a Torre e ao que seguirán o resto dos museos coruñeses nos vindeiros meses. 

O desenvolvemento do sistema de pagamento estase a levar a cabo desde a área de Innovación. O equipo técnico que se encarga da implantación do sistema está a realizar nestes momentos as probas coa previsión de que a venda en liña de tíckets sexa posible a partir de decembro. O investimento para adaptar a Torre ascende a 105.000 euros, financiados nun 80 % con cargo ao programa Eidus. O Goberno de Inés Rey está a levar a cabo durante o actual mandato a instalación de servizos dixitais que redunden nunha maior facilidade de acceso á administración e aos servizos municipais. O sistema de cita previa, a venda de entradas e a posta en funcionamento da APP de pago do bus urbano son algunhas das melloras levadas a cabo polo Concello, melloras nas que se enmarca o novo sistema de venda de entradas da Torre que facilitará, indicou o concelleiro de Relacións Insitucionais, Turismo e Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego "evitar as fileiras e garantir o acceso a un edificio que é un símbolo desta cidade a todo aquel que desexe visítalo".

A Torre de Hércules é un dos monumentos máis visitados; un dos grandes atractivos da cidade. Durante os meses de verán o número de visitas alcanza unha media de 600 persoas ao día, segundo indican as estatísticas de 2022. Fóra da tempada estival a media de visitas sitúase nas 200 diarias. O novo sistema de venda en liña facilitará a organización das visitas por franxas horarias. 

O monumento permaneceu pechado hoxe durante unha hora para poder levar a cabo os traballos técnicos precisos para a implantación do novo sistema de venda. 

A capacidade de acollida do monumento está limitada a 32 persoas cada media hora, límite establecido para garantir a seguridade dos visitantes e a correcta conservación do monumento. A Torre de Hércules combinará a venda de entradas en liña coa venda física, como ata o de agora, a través do Centro de Interpretación e Atención ao Visitante. O custo dos tíckets será o mesmo: 3 euros a entrada xeral e 1,50 euros a entrada reducida, prezos que se manterán tamén o ano que vén despois do anuncio onte no pleno do voceiro do Goberno, José Manuel Lage, da conxelación de todas as taxas e prezos públicos municipais. Lage, concelleiro responsable tamén da área de Innovación, recordou que xa é posible realizar ata 85 trámites a través da web municipal e que se está a traballar en novas aplicacións que faciliten aos cidadáns ás cidadás a súa relación coa administración local.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión