Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

22 de febrero de 2022

O Concello da Coruña inicia as obras de construción da nova pista de patinaxe de Novo Mesoiro, mellorando as dotacións deportivas do barrio

Os traballos terán un prazo de execución de 24 semanas. O proxecto procura, ademais, fomentar hábitos saudables no barrio coa media de idade máis baixa da cidade da Coruña

O Concello da Coruña iniciou esta semana as obras de construción da nova pista de patinaxe de velocidade no barrio de Novo Mesoiro, unha instalación que contará coas medidas precisas para ser apta de cara á celebración de probas e competicións deportivas.

Os traballos, adxudicados á empresa Jardinería Arce por valor de 191.419 euros, terán un prazo de execución de 24 semanas, e levaranse a cabo nunha parcela localizada entre o centro de saúde de Novo Mesoiro, o polideportivo municipal do barrio e o campo de fútbol da Fundación Johan Cruyff. Serán un total de 2.600 metros cadrados de superficie, que incrementarán e mellorarán as dotacións deportivas do barrio, que conta coa media de idade máis baixa entre os dez distritos que compoñen a cidade.

A pista de patinaxe de Novo Mesoiro, que terá unha lonxitude de corda interior de 125 metros e unha rúa de cinco metros de ancho, está proxectada como un recinto ao aire libre que se suma aos equipamentos e servizos xa existenes no barrio para dar servizo aos residentes. Ademais, será a primeira pista de patinaxe na Coruña con esas dimensións e contribuirá a dinamizar o barrio atraendo a aficionados de outros puntos da cidade.

A pista de patinaxe responde ao compromiso de Inés Rey coa posta en marcha de novas instalacións deportivas, así como coa mellora das xa existentes. Tras a finalización da mellora dos campos da Torre, cun investimento de case un millón de euros, a Concellería de Deportes pon en marcha agora as obras en Novo Mesoiro, o barrio coa media de idade máis baixa da cidade e, por tanto, un dos lugares con máis demanda de instalacións deportivas pensadas para os máis novos.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión