Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de febrero de 2022

O Concello da Coruña inviste 729.000 en catro novas obras de saneamento no barrio da Zapateira

Os traballos levaranse a cabo durante os próximos meses nas rúas Marsella, Salzburgo e Roma, Torino e Amberes

O Concello avanza no proceso de instalación e mellora do saneamento no barrio da Zapateira, con catro intervencións que se sufragarán con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña e tamén con fondos municipais.

Cun investimento programado de 729.000 euros, a Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade actuará nas rúas Marsella (307.462 euros), de forma conxunta nas rúas Salzburgo e Roma (239.121 euros), Torino (112.000 euros) e Amberes (71.000 euros), con períodos de execución de obra que oscilarán entre os dous e tres meses de duración en función das intervencións que se levarán a cabo en cada rúa.

O obxectivo é facilitar a recollida de augas residuais domésticas, minimizando a posibilidade de que teñan lugar verteduras accidentais no medio ambiente. Ademais, preténdese tamén dirixir de maneira adecuada o volume de augas pluviais que discorren actualmente pola plataforma da vía en forma de corrente superficial, así como mellorar a eficiencia do tratamento de augas da zona, satisfacendo unha demanda da cidadanía do barrio.

Estas catro obras darán continuidade aos traballos xa acometidos polo Goberno municipal de Inés Rey en outras cinco rúas do barrio da Zapateira entre os anos 2020 e 2021, cando a Concellería de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade executou intervencións similares nas rúas Dublín, Atenas, Burdeos, Venecia e Helsinki, cun investimento de 650.000 euros. Así, o barrio da Zapateira recibiu no actual mandato o maior investimento en saneamento en décadas.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión