Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

4 de diciembre de 2022

A formación é froito dun convenio asinado coa UTE Innova Next, SLU e The Valley Digital School SL no marco do programa Actualízate

O Concello da Coruña oferta formación gratuíta en Big Data con compromiso de contratación para persoas desempregadas

Conta cun compromiso de inserción laboral de seis meses para un mínimo do 25% do alumnado que finalice o programa

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Emprego, oferta un novo curso de formación en Big Data, gratuíto para persoas desempregadas. No marco do programa 'Actualízate', impartirase un curso en Big Data no Centro Municipal de Emprego dos Rosales co obxectivo de facilitar o acceso a persoas desempregadas a postos de traballo que dispoñan dunha estratexia de transformación dixital.

A formación é froito do convenio asinado coa UTE Innova Next, SLU e The Valley Digital School SL para o desenvolvemento da formación para o emprego e intermediación no sector da tecnoloxía e a comunicación, avanzando no obxectivo do Goberno de Inés Rey de dar formación en sectores con alta demanda de persoal cualificado.

O programa conta con 253 horas de formación gratuítas que se desenvolverán entre o 19 de xaneiro e o 17 de febreiro de 2023, en horario de 9.00 a 18.00 horas. Ademais da formación específica sobre Big Data, o curso complétase con 12 horas de orientación laboral por persoa en formación xunto cun compromiso de inserción laboral de seis meses para un mínimo do 25% do alumnado que finalice o programa.

As persoas interesadas xa poden realizar a súa inscrición a través da web www.actualizateprograma.es. Pode inscribirse calquera residente no municipio da Coruña en idade de traballar demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia. Para realizalo non se precisa contar con ningunha formación académica previa. 

O programa está impulsado por Red.es, entidade adscrita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE). En concreto, desenvólvese con cargo ao Programa operativo de emprego, formación e educación (POEFE), co obxectivo de lles facilitar o acceso ao emprego ás persoas demandantes de emprego a través da adquisición e/o actualización de competencias profesionais.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión