Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

29 de mayo de 2022

O Concello da Coruña oferta novos talleres gratuítos para persoas emprendedoras

As persoas que desexen incribirse na formación poderán facelo a través da web www.coruna.gal/empresa

O Concello da Coruña organiza tres novos talleres gratuítos para o vindeiro mes de xuño, orientados a persoas emprendedoras e promotoras de pequenas iniciativas empresariais que desexen mellorar o seu negocio. Estes levaranse a cabo no Centro municipal de empresas ACCEDE Papagaio, en horario de 9:30 a 13:30 horas, en quendas dunha semana.

Na primeira quincena de xuño, entre os días 6 e 10, terá lugar un taller sobre persoas interesadas en contratación coa administración. Durante a formación poderán coñecer os tipos de contratos administrativos, como xustificar a capacidade e solvencia para contratar, onde atopar as licitacións, a preparación de propostas ou a consulta na Plataforma de Contratación do Sector Público. O segundo dos cursos terá lugar entre o 13 e 15 de xuño, e versará sobre resolución de conflictos con clientes. No taller, o alumnado traballará sobre a xestión de conflitos xerados entre empresa e cliente, analizando situacións de expectativas non satisfeitas, solicitude de reclamacións ou reaccións eficaces e ineficaces ante comentarios negativos ou queixas por parte dun cliente.

Na segunda quincena, do 20 ao 23 de xuño, farase unha formación sobre facturación electrónica, onde as persoas que participen recibirán formación sobre obrigas legais sobre a factura electrónica, aspectos públicos e privados das facturas electrónicas, diferentes formatos, aplicacións informáticas e obrigas sobre a conservación de facturas. O último dos talleres programados é sobre a creación de vídeos comerciais coa ferramenta Canva, e terá lugar entre os días 27 e 30 de xuño no mesmo horario e recinto.

As persoas interesadas poden inscribirse de xeito gratuíto desde a web municipal de Cursos de emprendimiento .

También te puede interesar

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión