Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

3 de febrero de 2023

O Goberno de Inés Rey foi pioneiro en Galicia na gratuidade das escolas, unha medida que beneficia a máis de 500 familias

O Concello da Coruña oferta nunha nova convocatoria 56 prazas nas Escolas Infantís Municipais

Na actualidade, ofértanse prazas na EIM Agra do Orzán, Arela (Elviña), Carricanta (Castrillón), Os Rosales, Luis Seoane (Monte Alto), EIM de Monte Alto e Os Cativos (Palavea)

O Concello da Coruña, a través do servizo municipal de Educación, vén de abrir unha nova convocatoria para a solicitude de prazas na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM), con 56 vacantes para nenas e nenos nados entre os anos 2020 e 2022. O prazo de solicitude, que xa está aberto, rematará o vindeiro mércores 15 de febreiro.

Estas 56 prazas, correspondentes ao curso 2022-23 na REIM, repártense entre sete das oito Escolas Infantís Municipais: EIM Agra do Orzán, EIM Arela (Elviña), EIM Carricanta (Castrillón), EIM Os Rosales, EIM Luis Seoane (Monte Alto), EIM de Monte Alto, EIM Os Cativos (Palavea).

Por tramos de idade, a relación de prazas libres é: 2 prazas en aulas de ata 1 ano de idade; 10 en aulas de 1 a 2 anos de idade; e 44 en aulas de 2 a 3 anos de idade. A distribución, por Escolas Infantís Municipais, é a seguinte:

AULAS AGRA ARELA CARRICANTA OS ROSALES LUIS SEOANE MONTE ALTO OS CATIVOS
0-1 (2022) 0 0 2 0 0 0 0

1-2 (2021)

1 0 0 3 1 0 5

2-3 (2020)

5 6 5 0 6 4 18

Por segundo ano consecutivo, o servizo é gratuíto para as familias, reforzando a aposta do Goberno de Inés Rey pola conciliación. A medida foi posta en marcha no presente mandato como parte do plan de axuda ás nais e pais con crianzas, e xa beneficia a máis de 500 unidades familiares da cidade.

A solicitude de praza na Rede de Escolas Infantís Municipais

A documentación e a ficha de solicitude asinada polos proxenitores deberá presentarse, preferiblemente a través da  Sede electrónica , ou ben a través dos seguintes rexistros municipais: o do propio Concello, na praza de María Pita; o rexistro auxiliar da rúa da Franxa; o do Fórum Metropolitano, na rúa Río Monelos; e o rexistro do Centro Sociocultural Ágora.

Será necesario, en todo caso, solicitar Cita previa .

A información completa sobre o proceso de admisión na REIM pode consultarse na web da  Escolas infantís .

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión