Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de marzo de 2023

A iniciativa recolle tamén unha liña exclusiva orientada a entidades de economía social, con 100.000 euros de orzamento, para gastos derivados da realización de proxectos calificados como de economía social

O Concello da Coruña ofrece axudas de ata 3.000 euros como incentivo ao pequeno comercio e os autónomos como parte do programa ‘Mover os baixos’

Hoxe abriu o prazo de solicitude desta liña de subvencións, que axuda a costear, entre outros, os gastos correntes, alugueiro e constitución empresarial

O Concello da Coruña abriu xa o prazo de solicitude das axudas económicas destinadas a micropemes, autónomos e entidades de economía social, co obxectivo de mobilizar locais comerciais baleiros.

Esta iniciativa, impulsada polo Goberno de Inés Rey a través do programa 'Mover os baixos', busca incentivar a dinamización do tecido empresarial local apoiando o proceso de creación de empresas no termo municipal, así como a aquelas que estean a implementar medidas innovadoras e sostibles cun impacto positivo na cidade e a súa economía.

A convocatoria está dotada con 900.000 euros e, ademais de estar orientada á creación e mantemento de emprego na cidade, ideouse específicamente para microempresas e entidades de economía social. Neste sentido, o programa recolle tamén unha liña exclusiva de entidades de economía social -con 100.000 euros do total do orzamento previsto- para gastos derivados da realización de proxectos calificados como de economía social.

As bases desta liña de axudas, publicadas xa na sede electrónica do Concello, contemplan entre diversos gastos, os derivados da constitución empresarial (rexistro, notaría...); os de alugueiros de baixos ou locais comerciais situados en entresollados dedicados a actividades económicas, empresariais ou profesionais, que se atopen localizados no termo municipal, desde o pasado 1 de xaneiro e ata o 30 de xuño de 2023; os gastos correntes (electricidade, calefacción...); así como gastos relativos á elaboración de proxectos sostibles no eido do aforro enerxético.

O importe máximo de subvención para cada persoa beneficiaria será de 3.000 euros, con unha excepcionalidade: este importe poderase incrementar ata os 6.000 euros no caso de que a persoa solicitante xustifique que o local no que desenvolve a súa actividade estaba baleiro de modo continuado desde o 1 de xaneiro de 2021 ata a data de formalización do seu contrato de arrendamento, que non poderá superar o límite do 30 de xuño de 2023.

A convocatoria estará aberta ata esgotar o crédito dispoñible e, en todo caso, ata o 31 de xullo deste ano.

Un millón de euros para adquirir e dinamizar os baixos baleiros

Ademais, ata este xoves 9 de marzo, e tamén no contexto do programa 'Mover os Baixos', particulares e empresas poden presentar as súas ofertas para vender ao Concello locais comerciais baleiros na cidade, co obxectivo de poder darlles novos usos e revitalizar os barrios, dinamizando os espazos comerciais sen uso e abrindo camiño a unha nova vida dos mesmos, ben dentro do comercio, ben con outros usos.

Para dito fin, o Concello ten convocado un concurso público, dotado con 1 millón de euros, para que os interesados, sexan particulares ou empresas, poidan presentar ofertas de venda dos seus locais ao Concello, que contempla aboar ata un prezo máximo de 2.350 euros por metro cadrado. O prazo para presentación de ofertas finaliza este xoves 9.

Ao longo do 2023 está previsto ampliar o programa con medio millón de euros máis para incidir nas mesmas políticas de adquisición de espazos comerciais baleiros e darlle novos usos. As bases da convocatoria poden consultarse aquí.

Tamén che pode interesar

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión