Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

16 de diciembre de 2021

O Concello da Coruña organiza, con 29 entidades sociais e municipais, un encontro para fomentar a inserción laboral de colectivos con dificultades​

O Centro Municipal de Emprego acolleu unha sesión con catro grupos de traballo para impulsar boas prácticas de cara a atención ás persoas máis vulnerables

O Centro Municipal de Emprego do Concello da Coruña, situado no barrio dos Rosales, acolleu este xoves o Encontro de entidades especializadas na atención a colectivos con dificultades de inserción. Este encontro, organizado dende o Proxecto Coruña Suma (AP-POEFE), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, reuniu a 60 representantes de entidades sociais da cidade, así como de outros servizos municipais.

Na sesión, á que asistiu o concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, participaron os Servicios Sociais Municipais, as entidades colaboradoras co proxecto Coruña Suma e outras organizacións sociais con importante representación na cidade: Asociación Católica Española de Inmigrantes (ACCEM), Asociación Agarimo, Asociación ALAS Coruña, Asociación Boanoite, Asociación Galega de Síndrome Asperger (ASPERGA), Asociación Poten100mos, Asociación Pro Enfermos Mentales A Coruña (APEM), Cáritas Interparroquial A Coruña, Centro de Información a la Mujer del Ayuntamiento de A Coruña (CIM), Comité AntiSida A Coruña (CASCO), Confederación Gallega de Personas con Discapacidad (COGAMI), Cruz Roja Española, Federación de Asociaciones de Familiares y Personas con Enfermedad Mental de Galicia (FEAFES Galicia), Fundación Camiña Social, Fundación Érguete-Integración, Fundación JuanSoñador, Fundación Mujeres, Fundación Secretariado Gitano, Institución Benéfico Social Padre Rubinos, ONGD Ecos do Sur, ONGD Senvalos, ONGD Viraventos, Servicio Municipal de Emprego, SS. SS. Municipais, Unidad de asesoramientos a las migraciones (UAMI) e os CIFP do Rodolfo Ucha Piñeiro e Paseo das Pontes.

Durante o encontro constituíronse catro grupos de traballo para un intercambio metodolóxico e técnico orientado á recollida de boas prácticas, no que participou persoal das entidades especializadas en políticas activas de emprego en traballo cos colectivos máis vulnerables socialmente: o primeiro obradoiro, orientado a analizar os perfís das persoas que máis demandan servizos de emprego no contexto da pandemia; o segundo, a nova presencialidade e as posibles solucións para resolver a fenda dixital; o terceiro, sobre as novas metodoloxías de traballo e a formación laboral orientada aos novos sectores profesionais; e o cuarto, relacionado cos cambios máis recentes no mercado de emprego.

Cada grupo de traballo estivo constituído por dez representantes das entidades e un técnico do proxecto Coruña Suma, que dinamizou e dirixiu o taller correspondente. As conclusións recollidas hoxe serán levadas posteriormente a un informe final que será elaborado polo persoal técnico de Coruña Suma.

O concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, valorou o compromiso da alcaldesa, Inés Rey, co fomento de programas e actividades que contribúan á inserción laboral e social dos colectivos con dificultades na cidade da Coruña. "Debemos seguir traballando para construír unha sociedade onde todos teñan cabida. A pandemia atacou especialmente ás persoas máis vulnerables, tanto a nivel social como económico, e impulsar un tecido laboral que sexa inclusivo é unha responsabilidade que asumimos desde o Concello", determinou Celemín.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión