Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

26 de noviembre de 2021

O Concello da Coruña pon en funcionamento o novo ascensor do barrio dos Castros, cun investimento superior aos 400.000 euros

Con esta instalación búscase mellorar a accesibilidade da cidadanía nas inmediacións da avenida da Concordia, especialmente a das persoas con mobilidade reducida

A alcaldesa da cidade da Coruña, Inés Rey, anunciou este venres a posta en marcha do novo ascensor do barrio dos Castros, xa operativo, que permitirá salvar a elevada pendente existente na avenida da Concordia e mellorar a accesibilidade na zona. As obras para a disposición do ascensor, adxudicadas en novembro do 2020 e que comezaron en marzo deste ano, implicaron un investimento de 402.000 euros por parte do Concello.

A estrutura, que ten unha capacidade máxima para 12 persoas, desembarca nunha ampla marquesiña de 18 metros que se utiliza como parada de autobuses urbanos e interurbanos. Ademais, o elevador vai montado sobre un bastidor metálico e dispón dun cerramento de vidro que permitirá a vista panorámica da contorna. 

Mellora xeral das infraestruturas na avenida da Concordia

O funcionamento do novo ascensor do barrio dos Castros dá continuidade a unha serie de intervencións executadas polo Concello no distrito, onde xa se acometeu o ano pasado a remodelación da praza da Concordia, con 212.000 euros de orzamento para remodelar espazos e pechar a maioría das entradas e mellorar a seguridade dos viandantes.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión