Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de mayo de 2022

O programa “Cinema na escola” realizou a súa primeira edición neste curso 2021-2022, durante o cal participaron 25 centros educativos

O Concello da Coruña promove a creación de máis de 20 pezas audiovisuais nos centros escolares

As curtametraxes serán premiadas nunha gala para os participantes, que se celebrará o vindeiro xoves 12 de maio ás 17.30 no centro sociocultural do Ágora

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, trae á cidade o programa "Cinema na Escola", co obxectivo de fomentar a cultura audiovisual e a aprendizaxe cinematográfica entre os mozos e mozas. Na súa primeira edición participaron 25 centros educativos de primaria e secundaria, realizando máis de 20 pezas audiovisuais orixinais para a memoria dos centros educativos da cidade da Coruña.

"Cinema na escola" é un proxecto enmarcado no sistema de aprendizaxe STEAM, que busca potenciar o coñecemento científico e tecnolóxico como ferramenta na ensinanza escolar. Os centros educativos participantes no programa elaboran cadansúa peza audiovisual, achegándose a todas as tarefas que supón unha gravación: manexo do material gráfico, son, montaxe, planificación audiovisual etc. Ademais, durante o deseño e gravación da curtametraxe, o alumnado tamén realiza outras tarefas como a creación da sinopse, escritura de guión ou interpretación dos papeis da peza audiovisual, complementando o coñecemento máis técnico con outras habilidades artísticas e de expresión.

Ademais da aprendizaxe do alumnado, "Cinema na Escola" contén un módulo de formación orientado ao profesorado que coordina a actividade de realización das curtas. Esta realízase en liña, co acceso a videotutoriais exclusivos de formación para o programa, ademais de poder solicitar titorías co grupo técnico durante toda a fase creativa. A formación realizouse en dúas sesións de 90 minutos, onde se abordaron aspectos como a idea, a sinopse, o guión literario, técnicas de gravación, rodaxe ou edición e montaxe, para aclarar os conceptos básicos antes de comezar o proceso de traballo e achegar o coñecemento tecnolóxico e audiovisual tamén ao persoal docente. Deste xeito, o goberno de Inés Rey continúa avanzando no seu obxectivo de situar A Coruña como a cidade tecnolóxica e dixital de referencia, coa posta en marcha de proxectos como a Cidade das TIC ou o programa "Rede virtual de xacementos arqueolóxicos", que está a realizar recreacións en 3-D das pezas arqueolóxicas de titularidade municipal.

As curtametraxes, que xa se poden visionar na canle de Youtube da Concellaría de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, premiaranse nunha gala presentada polo cómico Víctor Grande, que terá lugar o vindeiro xoves 12 de maio ás 17.30 h no auditorio do centro sociocultural Ágora. Un evento exclusivo para os centros educativos que participaron no proxecto, onde poderán coñecerse e poñer en común o seu paso pola súa experiencia educativa.

O xurado profesional está composto por Fran X. Rodríguez, director e realizador de cine e editor da curtametraxe "The Monkey" (2021), premiada do Goya á mellor curtametraxe de animación; Ledi Bellón, directora de fotografía, operadora de cámara e doutoranda en Creación e Investigación de Arte pola Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo na especialidade de fotografía; José García, enxeñeiro de son e experto en postproducción de audio; e Andy Pérez, fotoxornalista no Ideal Gallego dende 2000 ata 2006 (ademáis de colaborador en Marca e 20 minutos) e fotógrafo do Concello de A Coruña dende 2007. Os profesionais levaron a cabo a escolla das pezas audiovisuais gañadoras para cada categoría: mellor interpretación, mellor guión, mellor fotografía, mellores efectos visuais, mellor edición de vídeo e mellor son. Haberá ademais un premio do público, baseado na interacción xerada por cada vídeo na canle de youtube.

Máis de 20 pezas audiovisuais en "Cinema na Escola"

O proxecto "Cinema na Escola" está orientado ao alumnado de todos os centros de ensino público e concertado do Concello da Coruña, dos cursos 5º e 6º de primaria e de secundaria así como aos seus equipos docentes.

Na primeira edición de "Cinema na Escola" participaron máis de 20 centros educativos do Concello da coruña, recibindo formación no campo do audiovisual e realizando as súas propias curtametraxes orixinais. Os centros que participaron son: CEIP San Pedro de VISMA, CPR Dominicos, CPR Franciscanas, IES Agra do Orzán, CEIP Cidade Vella, CPR Escravas do Sagrado Corazón, CPR Fogar de Santa Margarida, CEIP Novo Mesoiro, IES Elviña, CEIP Fernández Latorre, CEIP Alborada, CEIP María Barbeito, CEIP Sagrada Familia, CPR Franciscanos, CPR Colexio Cid, IES Salvador de Madariaga, CEIP Eusebio da Guarda, CR Concepción Arenal.

Algúns centros participaron con máis dunha peza audiovisual, realizando varias curtametraxes por curso. Ademais, tamén participaron no programa o CR Concepción Arenal e Espazo Compartido UDC, sumando un total de 24 obras orixinais ao proxecto "Cinema na Escola". Unha cifra que pon de manifesto o éxito da primeira edición do programa e do interese da formación nas ramas STEAM, unha das apostas principais do goberno de Inés Rey.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión