Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

1 de octubre de 2026

O Concello destina 1,5 millóns de euros en investimentos para a mellora do servizo de Bombeiros na cidade

O reforzo económico destínase a sufragar a compra de material especializado e outros proxectos para a ampliación dos recursos deste servizo público

O Concello aprobou hoxe en pleno a Ordenanza de Contribucións Espaciais que permitirá implementar melloras no servizo de Bombeiros na cidade, que suporá 1,5 millóns de euros en investimentos adicionais para reforzar este servizo, aumentando as recadacións previstas para este fin en case 500.000 euros. Esta decisión ven motivada pola liña promovida polo Goberno de Inés Rey para blindar os servizos públicos esenciais na cidade e mellorar a seguridade pública a través do emprego dos recursos municipais. 

"Esta actuación inclúe unha mobilización de recursos públicos que supón poñer en valor o noso servizo de extinción de incendios. É tamén unha forma de recoñecer a profesionalidade e a implicación dos efectivos deste servizo público, aumentando as dotacións con investimentos concretos en equipamento especializado e necesario", apuntou o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica e voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage. 

O Concello segue unha liña constante de apoio aos servizos públicos da cidade e de mellora dos recursos, humanos e materiais, dos Bombeiros da Coruña -o total de efectivos na cidade é actualmente de 101 (84 bombeiros, 9 cabos, 6 sarxentos, 1 suboficial e 1 oficial), seis máis que no 2024-. Ademais, recentemente foi tamén aprobada a saída a licitación dun novo vehículo de Posto de Mando Avanzado (PMA) para as operacións do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento (SEIS). Esta base móbil estará totalmente equipada con equipos de última tecnoloxía, e ten un orzamento base de licitación de 713.726,43 euros, ademais da subministración dun Furgón de Salvamentos Varios, cun orzamento base de 697.028,98 euros. 

En canto aos investimentos de ampliación, cos 1,5 millóns de euros aprobados polo pleno, se satisfarán necesidades concretas do corpo que inclúen:

  • Compra de maquinaria especializada

  • Compra dun novo vehículo forestal

  • Mellora do mobiliario dos edificios do Parque de Bombeiros

  • Material informático para o Posto de Mando Avanzado do SEIS

  • Obras de remodelación no Parque de Bombeiros (renovación da fachada, reforma das oficinas, substitución dos portalón de peche do parque e outros traballos puntuais)

  • Adaptación do parque móbil do SEIS ás novas ferramentas conforme á normativa vixente

Subvencións a entidades públicas

O plano tamén deu luz verde ao expediente para a execución das subvencións nominativas a entidades sociais e deportivas na cidade, aumentando ata o 30 de novembro o prazo para a formalización por parte das asociacións dos trámites para recibir os fondos municipais, ofrecendo así seguridade e cobertura xurídica para garantir que todas as achegas sexan recibidas polo tecido asociativo da cidade. 

"O noso obxectivo con esta medida é facilitar que as entidades poidan cumprir os trámites aos que están suxeitos para poder executar correctamente as axudas. Mantemos unha aposta polo tecido social da cidade, que cumpre unha función esencial. Este Concello destina ata 7,2 millóns de euros a convenios nominativos para máis de 250 entidades e asociacións locais, que chegan directamente ao tecido social e financian actividades e proxectos que benefician á cidadanía. A boa saúde financeira do Concello implica que se poidan manter unhas políticas sociais apoiadas por un plan económico sólido e claro"., explicou o José Manuel Lage. 

Declaración contra a explotación sexual e trata de mulleres, nenas e nenos

Ao inicio do pleno, a alcaldesa, Inés Rey, leu no nome da corporación unha declaración da Federación de Municipios e Provincias (FEMP) con motivo do Día Internacional Contra a Explotación Sexual e a Trata de Mulleres, conmemorado o pasado día 23 de setembro. 

"Os gobernos locais, pola súa proximidade á cidadanía, desempeñan un papel esencial na prevención e na detección precoz de posibles situacións de trata, así como na información, na orientación e no acompañamento das vítimas e na súa derivación aos recursos especializados. Os concellos constitúen, por tanto, unha peza fundamental da resposta pública integral fronte a esta grave vulneración dos dereitos humanos", expuso Rey.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión