30 de abril de 2026
O Goberno de Inés Rey achega ata 20.000 euros por celebración para dinamizar os barrios da cidade coas súas celebracións tradicionais
O Concello anunciou hoxe que destinará 500.000 euros a 26 asociacións que organizan festas nos barrios. Trátase do segundo ano consecutivo no que o Concello aposta por un sistema de concorrencia competitiva para a asignación das subvencións. O sistema, recordou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, púxose en práctica por primeira vez o ano pasado, e obtivo tanto o recoñecemento das entidades como do público.
"A Coruña non se pode entender sen os seus barrios. O traballo das asociacións veciñais na cohesión social da comunidade é esencial, nese obxectivo as festas son un instrumento imprescindible, aportando tamén un apoio relevante ao tecido cultural da cidade. O Goberno de Inés Rey seguirá apoiando decididamente as festas de barrio pola súa trascendencia social e cultural", indicou Castro. Este ano aumentou o número de entidades solicitantes das axudas.
En total, o Concello destina 500.000 euros a sufragar 26 festas tradicionais que se celebran en toda a cidade. Cada asociación disporá entre 16.700 e 20.000 euros, fondos que poderán empregarse para aboar todos aqueles gastos vinculados á organización das festas. Entre os requisitos figuran que as celebracións sexan de carácter aberto e gratuíto. Son gastos subvencionables os cachés, alugueiro de equipos de son, transporte de materiais, iluminación, instalación eléctrica, seguros e aqueles que directamente sexan precisos para a organización das festas.
Ademais, o Concello daralles asesoramento a todas as entidades para axudarlles a completar o proceso. Tamén se cederán gratuitamente aseos químicos, valados, tarimas, mesas e cadeiras sempre que exista dispoñibilidade. "Trátase de axudar en todo o posible para que as festas nos barrios sexan un éxito", indicou o concelleiro.
As festas nos barrios neste 2026

30 de abril de 2026

29 de abril de 2026

29 de abril de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible