Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

30 de julio de 2021

O Concello destina axudas directas ás axencias de viaxes para a creación de novos paquetes turísticos

O Consorcio de Turismo asina un convenio de colaboración con AGAVI para potenciar a cidade como destino turístico.

O concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, asinou esta mañá en María Pita un convenio de colaboración coa Asociación de Axencias de Viaxe de Galicia, AGAVI, para a posta en marcha dun programa de comercialización de novos produtos e paquetes turísticos para a promoción da Coruña. O Consorcio de Turismo destinará axudas directas ás axencias por importe de 145.200 euros.

Borrego sinalou que o programa está dirixido ás axencias de viaxes que  teñan polo menos unha oficina aberta ao público na cidade, pertenzan ou non a AGAVI, e propoñan produtos centrados no turismo náutico, no Camiño Inglés, turismo cultural, a Reserva da Biosfera Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo, ou rutas innovadoras. As axencias poderán crear ate un máximo de tres paquetes que serán seleccionados por unha comisión que velará pola calidade das ofertas.

Ademais, co obxectivo de difundir estes novos produtos, AGAVI colaborará co Concello na organización dun FamTrip con operadores de toda España con fin de situar a cidade como destino multiexperencia (cultura, gastronomía, compras, náutica, turismo activo..).e levarase a cabo un webinar destinado a profesionais do sector de toda España co fin de garantir a máxima difusión destes novos produtos.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión