Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

13 de mayo de 2026

O Concello e a UDC celebran este venres a II Feira Saúde e Sociedade

A cita desenvolverase o 15 de maio, de 16.00 a 21.00 horas, nos xardíns de Méndez Núñez, con acceso libre e participación de entidades sociais, sanitarias e comunitarias

O Concello e a Universidade da Coruña, a través de UDC Saudable, celebrarán este venres, 15 de maio, a segunda edición da Feira Saúde e Sociedade, unha xornada aberta á cidadanía que busca promover a saúde integral, o benestar comunitario e a inclusión social desde unha perspectiva participativa e de proximidade.

A feira terá lugar nos xardíns de Méndez Núñez, fronte ao Quiosco Alfonso, entre as 16.00 e as 21.00 horas. No caso de choiva, o evento trasladarase ao Centro Sociocultural Ágora. O acceso será gratuíto e estará aberto tanto á comunidade universitaria como á veciñanza en xeral.

A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, destacou o compromiso do Goberno de Inés Rey coas iniciativas orientadas a mellorar os hábitos sociais e a saúde da cidadanía. "A saúde non pode entenderse só desde unha dimensión asistencial, senón tamén comunitaria, social e preventiva". Nesa liña, sinalou que esta feira "permite achegar á veciñanza recursos útiles, visibilizar o traballo das entidades e fortalecer unha rede de colaboración que contribúe a unha cidade máis saudable, solidaria e inclusiva".

Esta iniciativa forma parte do programa de promoción da saúde impulsado conxuntamente polo Concello e a UDC no marco dun convenio anual dotado con 40.000 €. A través desta colaboración, as administracións reforzan unha liña de traballo orientada á prevención, á sensibilización cidadá e á creación de redes entre institucións públicas, entidades sociais, profesionais e comunidade universitaria.

Durante a tarde, as persoas asistentes poderán visitar os postos das entidades participantes, acceder a información especializada, participar en actividades divulgativas e coñecer recursos relacionados coa promoción da saúde, a prevención da enfermidade, a saúde mental, a discapacidade, a nutrición, a inclusión social, a igualdade, os coidados e os hábitos de vida saudables.

A programación inclúe a apertura de postos desde as 16.00 horas, a benvida institucional ás 16.30 horas e o inicio das actividades nos ditos espazos ás 17.00 horas. Entre as propostas previstas figuran rastrexos gratuítos de saúde, accións de sensibilización, asesoramento nutricional, obradoiros interactivos e espazos de encontro entre entidades, profesionais, alumnado e cidadanía.

Entre as actividades destacadas atópanse a promoción da doazón de sangue e medula ósea, medicións de glicosa en colaboración coa Asociación Coruñesa de Persoas con Diabetes e a Escola Universitaria de Enfermaría da Coruña, asesoramento nutricional personalizado e obradoiros de alimentación saudable orientados a diferentes públicos.

O Concello subliña que esta segunda edición consolida a Feira Saúde e Sociedade como un espazo de referencia para compartir boas prácticas, crear alianzas e reforzar a idea da saúde como un ben común e unha responsabilidade colectiva. A proposta permitirá, ademais, darlle continuidade ao traballo desenvolvido no Observatorio de Promoción da Saúde Concello-UDC, co obxectivo de avaliar, mellorar e ampliar o impacto destas accións en futuras edicións.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión