24 de enero de 2025
Esta iniciativa do Goberno de Inés Rey conecta aos comerciantes coa Policía Local a través dunha aplicación
O proxecto piloto da aplicación de reforzo da seguridade nos comercios esténdese estes días á rúa da Gaiteira e á prolongación da rúa Barcelona. Esta iniciativa do Goberno de Inés Rey ten como obxectivo que as persoas responsables dos negocios poidan ter unha comunicación máis fluída e directa coa Policía Local en caso de calquera incidencia. O luns iniciarase a campaña de captación de novos negocios, que serán convocados a unha reunión informativa no Centro Sociocultural Ágora nas vindeiras semanas.
Este proxecto foi presentado pola propia alcaldesa ás asociacións veciñais durante a Mesa de Seguridade e Convivencia celebrada no pasado mes de outubro e forma parte do novo Plan Local de Seguridade, que consta de diferentes liñas de acción e coordina aos corpos de seguridade. A través deste proxecto piloto, os comerciantes teñen acceso a unha aplicación que os conecta directamente coa Policía Local. Deste xeito, poden notificar en tempo real calquera incidencia que requira a intervención de axentes no establecemento.
Na primeira fase deste plan piloto adheríronse un total de 77 establecementos, situados nas rúas Barcelona e Alcalde Marchesi, que foron seleccionadas polo Concello debido á súa alta actividade comercial. Trátase de 41 e 36 locais, respectivamente, os que xa contan con toda a información e puideron comprobar durante estes meses o funcionamento da aplicación. Neste período unicamente se produciu unha incidencia, que foi resulta coa presencia dunha patrulla en poucos minutos, o que evidencia o papel disuasorio desta iniciativa, que conta con carteis identificativos en cada comercio adherido.
"Tras analizar os primeiros resultados e comprobar o seu bo funcionamento, desde o Goberno de Inés Rey sumaremos novas zonas comerciais como a rúa da Gaiteira e a prolongación da rúa Barcelona para seguir recollendo información e mellorando o día a día do noso comercio", sinalou Montserrat Paz, concelleira de Seguridade Cidadá.

28 de enero de 2026

23 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible