24 de agosto de 2026
Enviáronse notificacións ás persoas propietarias de 384 parcelas, que disporán de 15 días para acondicionar os seus terreos
En abril pasado aprobouse unha ampliación do Plan Municipal de Incendios que incrementou a máis do dobre o número de fincas afectadas
O Concello da Coruña dirixiuse aos propietarios de 384 parcelas incluídas no ámbito de protección do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (PMDIF) para que no prazo de 15 días acondicionen as súas fincas.
En abril pasado, o Concello dirixiuse aos propietarios de fincas situadas na chamada rede secundaria de faixas de xestión de biomasa para solicitarlles a súa colaboración na limpeza das súas parcelas co fin de previr e evitar a propagación de incendios.
Cabe lembrar que este ano se aprobou unha modificación do PMDIF que tiña como obxectivo ampliar o número de fincas afectadas polo plan para protexer mellor puntos sensibles situados nas zonas periurbanas: centros escolares, residencias de maiores, gasolineiras, a contorna da refinería, vivendas en zonas rurais e os arredores da planta de Nostián, entre outros. Esta ampliación forma parte das políticas de coidado do medio ambiente impulsadas polo Goberno de Inés Rey, orientadas á prevención e á protección da contorna e da cidadanía.
Co novo PMDIF, o número de fincas afectadas pasou de 1.192 a 2.551 e a superficie protexida incrementouse en 3 km², un 12 %. O prazo para acondicionar as fincas finalizou o 31 de maio.
Tras esta nova notificación, os propietarios das fincas que non limpasen o seu terreo terán un prazo máximo de quince días naturais para o cumprimento voluntario das súas obrigacións. Se, transcorrido o prazo sinalado anteriormente, non se tivese xestionado voluntariamente a biomasa por parte das persoas responsables, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria, con repercusión dos custos e, no seu caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas.
Alén dos custos da limpeza, os propietarios que incumpran poden afrontar sancións que van desde os 1.000 euros para as infraccións leves aos 100.000 euros para as graves.

23 de agosto de 2026

12 de agosto de 2026

11 de agosto de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible