22 de septiembre de 2026
Esta actuación súmase aos outros reforzos e aumentos da capacidade recentes doutras sete paradas en diferentes puntos da cidade
O Concello habilitará a partir de hoxe a parada definitiva de Bicicoruña nos Cantóns, xunto ao carril bici dos Xardíns de Méndez Núñez. A estación traerá un aumento da capacidade total de vehículos, que pasará de 19 a 27 ancoradoiros. Esta parada substituirá definitivamente á provisional que estivo operativa ata o de agora na beirarrúa de en fronte.
Este movemento avanza a que moi pronto será a nova configuración dos Cantóns tras o proxecto de remodelación a grande escala impulsado polo Goberno de Inés Rey, que avanza a moi bo ritmo e que suporá unha ampliación xeral das zonas de tránsito peonil, das zonas verdes -na contorna pasarase de 450 metros cadrados de espazos vexetais a máis de 1.200- e dos equipamentos e servizos desta arteria fundamental da cidade.
Este mesmo verán tamén entraron en servizo as novas paradas de transporte urbano nos Cantóns, fronte ao Obelisco e fronte ao Copacabana, definindo tamén o que serán as opcións de transporte público na zona.
Un novo impulso para Bicicoruña
O Concello completa unha mellora xeral da infraestrutura das estacións de Bicicoruña, un dos servizos municipais máis exitosos que este año está a bater todos os seus rexistros históricos de uso -no 2026, varias xornadas sobrepasaron por primeira vez os 10.000 usos diarios-.
Neste marco, a alcaldesa xa anunciou a ampliación dos ancoradoiro de ata seis estacións en diferentes puntos da cidade, co obxectivo de adaptar o servizo ao incremento da demanda e facilitar a dispoñibilidade de bicicletas e prazas de estacionamento. En total, o Concello instalou a semana pasado 16 novos ancoradoiros: catro máis na estación do CHUAC, catro na Torre de Hércules, dous no Campo da Leña, dous no Ágora, dous na contorna do hospital Abente y Lago e outros dous na estación de Agrela 1. Estas actuacións súmanse á ampliación xa anunciada para a praza de Tabacos, onde o Concello pasou dos 12 aos 25 ancoradoiros, máis do dobre da capacidade actual.

22 de septiembre de 2026

21 de septiembre de 2026

19 de septiembre de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible