23 de diciembre de 2025
“A súa voz non se apagou, segue presente na alma desta cidade”, destacou a alcaldesa Inés Rey nun acto emotivo, co acompañamento da familia e representantes da cultura coruñesa
O Concello da Coruña celebrou este martes un acto de homenaxe ao barítono, mestre e divulgador Antón de Santiago, cun descubrimento dunha placa conmemorativa na zona axardinada da Avenida Barrié de la Maza, xunto á Casa Sol, un espazo simbólico desde o que agora tamén se garda memoria da súa traxectoria e da súa pegada cultural na cidade.
A homenaxe, presidida pola alcaldesa Inés Rey, contou coa presenza da súa familia -as fillas Mar e María José (Teté), os netos Airela, Antón e Xune, e a súa muller Fina- así como representantes do Instituto José Cornide, o Conservatorio Superior de Música, agrupacións musicais e comparsas de Entroido.
O acto deu comezo coa interpretación de "Os teus ollos" a cargo da Coral Polifónica El Eco. Na súa intervención, a rexedora lembrou a figura de Antón de Santiago como "unha das voces máis queridas e completas da cultura galega, capaz de levar a música, o teatro e a retranca coruñesa a todos os espazos da cidade, con entrega e autenticidade". Destacou tamén "a súa vocación pedagóxica, o seu traballo incansable no Conservatorio e a súa capacidade para facer convivir a ópera coa festa, a memoria co humor e a Galicia coa emoción".
A súa filla Mar tomou a palabra en nome da familia e deu paso Pablo Carballido, que recitou o poema "No bico un cantar", de Curros Enríquez, acompañada ao violonchelo por Alicia Fuentes Núñez, cunha música composta polo propio Antón de Santiago.
A continuación, a alcaldesa e as fillas do homenaxeado descubriron a placa que, desde hoxe, lembra a súa figura nun espazo público da cidade.
A despedida do acto correu tamén a cargo da Coral El Eco, que interpretou "Xa non sei cantar", pechando así unha cerimonia íntima e cargada de significado.
Con este acto, o Concello da Coruña quixo recoñecer publicamente a figura de Antón de Santiago como parte esencial da cultura e da memoria viva da cidade, e subliñar o compromiso coa lembranza daqueles que fixeron da súa obra un ben común.

27 de enero de 2026

19 de enero de 2026

17 de enero de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible