19 de mayo de 2025
A obra, realizada por Tania Solla, forma parte das accións do Día das Letras Galegas para recoñecer o legado das cantareiras galegas
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, inaugurou esta mañá o novo mural da Escola Infantil Municipal Luís Seoane, unha obra da ilustradora Tania Solla en homenaxe ás cantareiras Rosa e Adolfina Casás. O mural visibiliza a achega destas dúas referentes á tradición oral e musical galega, e insírese nas accións impulsadas polo Concello no marco da celebración institucional do Día das Letras Galegas 2025.
O mural está situado na escola onde exerce como directora a neta de Rosa Casás e sobriña de Adolfina Casás, o que lle outorga un valor engadido a esta acción de recoñecemento promovida polo Concello.
No acto participaron tamén o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, e o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, quen destacaron o compromiso do Concello da Coruña coa defensa e promoción da cultura galega desde o ámbito educativo e institucional.
Por outra banda, a cidade viviu esta fin de semana unha intensa programación con motivo do Día das Letras Galegas, na que milleiros de persoas se achegaron a concertos, pasarrúas, representacións teatrais e actividades culturais en diferentes espazos públicos da cidade. O Goberno municipal sinala a alta participación cidadá e o compromiso do tecido cultural coruñés nunha das edicións máis ambiciosas e participativas dos últimos anos.

27 de noviembre de 2025

27 de noviembre de 2025

27 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible