Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de septiembre de 2020

O concello homenaxea a tres campións de España

A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, recibiron en María Pita o regatista Tony Ripoll e os atletas Mauro Triana e Carmen Sánchez

A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, recibiron esta mañá no salón de plenos de María Pita o regatista Tony Ripoll, que a pasada fin de semana se proclamou en Cádiz campión absoluto de España da clase 420, o atleta Mauro Triana, ouro no Campionato de España na proba de relevo 4X100; e a atleta Carmen Sánchez, subcampioa na proba de xavelina.

A rexedora felicitou a deportista e os deportistas polos seus éxitos e destacou o compromiso do concello co mundo do deporte, un compromiso que se reflicte no feito de que o Goberno de Inés Rey sexa o primeiro na cidade que crea unha concellería dedicada exclusivamente ao deporte. "O deporte é un dos alicerces da nosa política, o deporte fai cidade", dixo Inés Rey, quen tamén quixo subliñar o papel decisivo que xogan as familias no triunfo duns deportistas que levan por todo o mundo o nome da cidade, que son protagonistas da marca Coruña. "Porque os valores do deporte son os valores dunha cidade que respira solidariedade, esforzo, compromiso e  ilusión por medrar" , finalizou a alcaldesa.

Pola súa banda, a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, deulles os parabéns aos tres deportistas, "a tres campións que dun xeito ou outro representan a esta cidade que se sente orgullosa deles". Martínez sinalou que o concello e a sociedade son conscientes das dificultades que están a ter o deporte e as/os deportistas nesta situación de incerteza que provoca a pandemia que estamos a vivir, o que fai, dixo, que estes triunfos que veñen de conseguir sexan aínda máis meritorios.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión