23 de diciembre de 2020
A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, recibiu esta mañá no pazo municipal de María Pita a seis deportistas que foron campioas e campións de España nas últimas semanas na clase Finn de vela, boxeo, golf, trial e bádminton
A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, recibiu esta mañá no pazo municipal de María Pita a seis deportistas que foron campioas e campións de España nas últimas semanas: Miguel Fernández Vasco, campión nacional de clase Finn en vela; Emmanuele reyes, campión nacional de boxeo; José Antonio Salgado, campión nacional de golf; Fernando Solórzano, campión nacional de trial na categoría xuvenil; Alba Prado e Paula Noya, campioas nacionais de sub13 de bádminton.
Martínez dirixiuse ás e aos deportistas transmitíndolles "o orgullo e a satisfacción que nos produce ver de novo os deportistas competindo tras uns meses moi duros e a alegría inmensa que nos xeneran os vosos éxitos que, co voso permiso, presumimos deles como cidade".
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible