Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

10 de febrero de 2026

O Concello creará un selo distintivo para os establecementos hostaleiros con información sobre o turismo y sobre os investimentos que se executen cos fondos recadados

O Concello ingresou máis de 400.000 euros no primeiro trimestre de vixencia da taxa turística, período no que as pernoctas subiron na cidade máis do 14%

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu hoxe a sesión constitutiva da comisión de seguimento da taxa, que se está a aplicar desde finais de setembro e non supuxo descenso algún na cifra de estadías na cidade

A alcaldesa, Inés Rey, participou esta mañá na primeira reunión da comisión especial de seguimento da taxa turística, comisión que hoxe deu os seus primeiros pasos tras a súa sesión constitutiva e permitiu facer balance dos efectos da taxa desde o inicio da súa aplicación, o pasado 29 de setembro.

A comisión de seguimento, que preside o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, está integrada tamén por técnicos municipais de Turismo e Economía e por representantes da Federación de Asociacións de Veciños, Hospeco e Autoridade Portuaria.

Rey expuxo na comisión o primeiro balance desde a aplicación da taxa, que entrou en vigor en setembro do ano pasado. A recadación municipal rexistrada no primeiro trimestre de aplicación ascendeu, provisionalmente, a 407.000 euros. O Concello estima que a cifra final superará os 500.000 euros cando os establecementos que aínda non o fixeron abonen a correspondente liquidación.

A taxa teñen que aboala os visitantes nos hoteis, pensións e vivendas turísticas onde pernoctan, e van de 1 euro a 2,5 euros por día.  Esta mañá, a rexedora fixo fincapé na importancia que ten o retorno destes fondos "á hora de sufragar melloras e reforzos dos servizos públicos mais tamén en aspectos que repercutan nunha maior calidade do sector turístico".

Os datos de visitantes non só non diminuiron desde a aplicación da taxa, senón que subiron considerablemente. Rey destacou que no 2025 o número de personacións aumentou un 14,01 % con respecto ao 2024.

"Non só somos a cidade galega que máis subiu en pernoctas durante o ano. Tamén se incrementan os datos específicos entre setembro e decembro, meses onde xa se aplicou a taxa", contextualizou a alcaldesa, que detallou as cifras máis polo miúdo: neste tramo no 2024 -sen taxa- foron 316.000 pernoctas; no mesmo tramo no 2025 -con taxa- foron 362.000, un 14,5 % máis.

Inés Rey amosou o seu agradecemento ao sector "pola súa colaboración" cunha medida que "ten resultados bos para todas e todos", e que, a efectos prácticos, ten un impacto positivo na cidade ao incrementar as fontes de financiación necesarias para fortalecer os servizos municipais dos que tamén gozan os visitantes.

En base ás estimacións dos servizos municipais, máis do 90 % dos establecementos hostaleiros xa aboaron as taxas correspondentes. "Hai menos colaboración por parte das vivendas de uso turístico, moitas das cales non están cumprindo aínda coa normativa vixente", advertiu Rey, que lembrou que o Concello vén de reforzar o persoal da área municipal de Urbanismo co obxectivo de axilizar a tramitación de todos os expedientes das VUT na cidade. A alcaldesa anunciou a creación dun Plan de Inspección específico para facer que as vivendas de uso turístico cumpran coa normativa.

Ademais, a rexedora indicou tamén que nos vindeiros meses crearase un selo distintitivo vinculado á taxa turística que permitirá acceder á información do sector mais tamén ao destino que se lle dá aos fondos recadados.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión