Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

12 de febrero de 2023

A formación comezará mañá, luns 13, de luns a venres ás 09.30 a 14.30 horas no Centro Municipal de Emprego dos Rosales.

O Concello inicia un novo curso gratuíto de carpintaría para persoas desempregadas

“Instalación de elementos de carpintaría e moble” foi unha das formacións máis demandadas o pasado ano

O Concello da Coruña, a través do Centro Municipal de Emprego dos Rosales, pon en marcha un novo curso de formación gratuíto para persoas desempregadas sobre carpintaría. O curso "Instalación de elementos de carpintaría e moble" ten como obxectivo que os alumnos e alumnas aprendan a realizar todo o proceso de instalación de mobiliario e carpintaría adecuadamente, baixo os preceptos de seguridade, saúde laboral e de medio ambiente.

A formación, que comeza mañá luns 13 de febreiro, desenvolverase en turno de mañá de luns a venres de 9.30 a 14.30 h e ten como data prevista de finalización o 10 de xullo, unha vez cumplidas as 486 horas de formación contempladas no programa. O curso consta de 10 prazas para persoas en situación de desemprego empadroadas no termo municipal da Coruña.

O pasado ano 2022, o Concello da Coruña ofertou máis de 30 cursos de formación presenciais organizados a través do Centro Municipal de Emprego dos Rosales entre os que se atopaba esta mesma formación. "Instalación de elementos de carpintaría e moble" foi unha das máis demandadas con 149 solicitudes para 10 prazas, xunto con "Limpeza de edificios" con 223 solicitudes para 13 prazas e "Instalación de xardíns e mantemento de zonas verdes" con 198 para 10 prazas.

O Goberno de Inés Rey continúa avanzando na súa estratexia de emprego, ampliando a oferta formativa para persoas en situación de desemprego coa inclusión de novos cursos gratuítos como o de Big Data iniciado o pasado mes de xaneiro. Esta formación conta cun compromiso de contratación de seis meses para un mínimo do 25 % do alumnado que finalice o programa.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión