30 de mayo de 2026
Instalaranse novas luminarias led, de última xeración e alto rendemento, para responder ás necesidades detectadas no percorrido, moi transitado a diario pola veciñanza
O vindeiro luns, o Concello porá en marcha os traballos de renovación dos puntos de iluminación existentes ao longo do Paseo Serpent, un percorrido peonil que arrodea o barrio de Durmideiras entre a serea de San Amaro e o paseo dos Menhires, e que é moi transitado a diario.
As tarefas consistirán na retirada dos antigos apliques encaixados no muro do paseo, e a posterior instalación de novas luminarias led de última xeración e alto rendemento. O obxectivo, tal e como explicou a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, "é mellorar e reforzar a seguridade das persoas viandantes" nun trazado que, tal e como reflicten os informes municipais, conta cada vez cun fluxo peonil máis notable.
Pola proximidade do Club do Mar de San Amaro, dos camiños do ENIL da Torre e o propio faro, así como das praias e calas lindeiras ao barrio, polo Paseo Serpent pasan a diario moitas veciñas e veciños, tamén turistas e visitantes que bordean a zona. Con esta actuación, o Concello busca dar resposta ás demandas veciñais plantexadas nos encontros informativos do Plan de Barrios, solventando ás necesidades detectadas no percorrido e reforzando a súa visibilidade de noite, xa que actualmente carece de iluminación nocturna.
A concelleira indicou que as actuacións previstas na rede de iluminación do Paseo Serpent inclúen que as novas luminarias, máis modernas, contribúan a minimizar a contaminación luminosa e reducir o seu impacto no medio ambiente.

29 de mayo de 2026

28 de mayo de 2026

26 de mayo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible