Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

8 de abril de 2024

O Concello inviste case 300.000 euros na mellora do saneamento na Urbanización Breogán

Saen a licitación os traballos para a recollida de augas pluviais na rúa Félix Rodríguez de la Fuente, unha intervención que irá acompañada de melloras no firme da calzada

O Concello da Coruña licitou as obras para mellorar a rede de recollida de augas pluviais na rúa Félix Rodríguez de la Fuente, na Urbanización Breogán, unha intervención que forma parte dos compromisos adquiridos polo Goberno de Inés Rey coas veciñas e veciños do distrito.

Os traballos consistirán, a grandes trazos, na renovación do circuíto de colectores que recolle as augas pluviais, que se integrarán na rede separativa xa existente na zona. As novas tubaxes, que estarán soterradas, serán de PVC e presentarán diámetros variables, de 200 a 630 mm en función do treito, o que permitirá reforzar a seguridade ante posibles fugas de augas.

A instalación dos novos colectores será o paso previo ás melloras previstas no firme da calzada de Félix Rodríguez de la Fuente, unha medida necesaria tanto para facilitar o tránsito do tráfico rodado como para facer máis eficiente a drenaxe superficial, co que se permitirá a evacuación de augas cara aos pozos.

A maiores, o Concello, atendendo ao desnivel que presentan algúns sectores da rúa Félix Rodríguez de la Fuente, tamén proxectou instalar un novo treito de varandas que axudará a mellorar a accesibilidade na contorna, reforzando a seguridade peonil nas beirarrúas.

Unha vez que se adxudiquen os traballos e se poñan en marcha, estímase que o plan de obra poderá completarse en aproximadamente cinco meses, sempre e cando as condicións meteorolóxicas así o faciliten.

Esta iniciativa lévase a cabo baixo un formato de cofinanciamento entre o Concello e a Deputación da Coruña, ao abeiro do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais (POS). Neste sentido, cómpre lembrar que, como paso previo á contratación das obras, a Xunta de Goberno Local aprobou a finais de setembro do ano pasado a participación do Concello na segunda fase da convocatoria anual do POS, solicitando unha achega de máis de 175.000 euros para cofinanciar as obras, que saen a licitación por un importe superior aos 284.000 euros.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión