10 de septiembre de 2025
As intervencións inclúen melloras na rede de saneamento nas rúas da Pena do Cuco, Canedo, O Picho e A Fraga
A alcaldesa, Inés Rey, informou esta mañá dos novos avances que está a experimentar o Plan de Barrios 2025-27, que actualmente conta con máis de medio cento de actuacións en marcha, xa adxudicadas ou en fase de licitación.
Entre as que acaban de saír a concurso están as obras para mellorar as infraestruturas da rede de saneamento nos núcleos poboacionais de Castro de Elviña. O Concello investirá máis de 800.000 euros en diversas actuacións repartidas entre as rúas da Pena do Cuco, Canedo, O Picho e A Fraga. Nelas está previsto renovar a rede municipal de sumidoiros e, ademais, dotar a zona dunha nova rede separativa para recoller as augas pluviais.
Neste sentido, o Concello contará con fondos do Plan de obras e servizos (POS) da Deputación da Coruña para acometer os traballos.
O Concello solicitou cofinanciar as melloras previstas na avenida de Buenos Aires
Nas convocatorias do POS -ás que o Concello concorreu tamén para obter fondos que permitan acondicionar O Camiño do Cura (Os Rosales) e actuacións en Eirís de Abaixo-, tamén se solicitou o cofinanciamento dos traballos de construción da nova rede separativa de augas pluviais na avenida Buenos Aires, que contan cun orzamento de medio millón de euros.
A Xunta de Goberno Local deulle luz verde esta mañá á participación na segunda fase do POS, posibilitando así solicitar achegas por algo máis de 100.000 euros e, desta forma, contribuír ao financiamento das obras en Buenos Aires. O resto do investimento sería a cargo do Concello, con fondos propios.

3 de diciembre de 2025

7 de noviembre de 2025

5 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible