Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de enero de 2023

A Concellería de Benestar Social dá continuidade ao dispositivo de acollida a persoas sen fogar, centralizado no Centro Cívico dos Mallos, que seguirá activo toda a semana, se así fose preciso

O Concello manterá o peche de praias, parques e accesos ao Paseo Marítimo ata a noite do mércores ao xoves, como mínimo, pola alerta por temporal

As instalacións deportivas de xestión directa municipal, como a Cidade Deportiva da Torre e o Palacio dos Deportes de Riazor, tamén estarán pechadas ata novo aviso

O dispositivo de seguridade activado polo Concello este luns por mor da alerta por temporal manterase, como mínimo, ata as 00.00 horas deste xoves 19, sendo susceptible de ampliación no caso de continuar ou empeorar as actuais condicións meteorolóxicas na cidade.

Ata entón, e como medida de prevención, Seguridade Cidadá manterá o peche de todas as praias e parques da Coruña, así como todos os accesos ao Paseo Marítimo e ao Dique de Abrigo, e tamén ao paseo peonil que conecta San Amaro coas praias de Durmideiras.

O Concello insta á cidadanía a extremar as precaucións e a non achegarse ao bordo costeiro no litoral da Coruña. Ademais, desde a área de Seguridade Cidadá aconséllase alonxarse das praias e lugares que podan ser afectados polas mareas e as ondas, debido á intensidade do vento, así como a non situarse nos extremos dos peiraos ou espigóns da cidade. Por outra banda, o Concello tamén recomenda non circular con vehículos polas estradas lindeiras á liña de praia no Paseo Marítimo, así como a alonxarse de cornisas, muros ou vallas publicitarias, e das áreas de arboredo, parques e xardíns.

A maiores, a Policía Local recomenda, como medida de carácter preventivo nos fogares, a retirada de macetas e de todos aqueles obxectos que sexan susceptibles de precipitarse á rúa por mor do vento e a choiva.

En paralelo, tamén continuará o peche provisional das instalacións deportivas de titularidade municipal na cidade. O acceso aos campos e pavillóns interiores da Cidade Deportiva Arsenio Iglesias, na Torre, así como ás dependencias do Palacio dos Deportes de Riazor, queda restrinxido ata novo aviso. Este peche tamén afecta aos campos de fútbol municipais Rodrigo García Vizoso, en Agrela, Víctor Fernández Alonso, en Elviña, e o da Zapateira, así como aos pavillóns polideportivos de xestión municipal directa (Barrio das Flores, Labañou, Os Rosales, Sagrada Familia, San Francisco Javier, Ventorrillo e Novo Mesoiro). Neste sentido, tamén se cancelarán, de forma momentánea, as actividades previstas nas Escolas Deportivas Municipais (EDM).

Dispositivo de acollida a persoas sen fogar no Centro Cívico dos Mallos

A Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá dará continuidade este mércores 18 ao dispositivo de emerxencia para acoller ás persoas sen fogar da cidade. Este dispositivo, tal e como subliñou a concelleira Yoya Neira, "poderá prolongarse ao longo de toda a semana se así fose preciso".

A partir das 21:00 horas, as persoas que o desexen poderán pernoctar no Centro Cívico dos Mallos, onde se lles ofrecerá comida, bebidas quentes, roupa seca e sacos de durmir. O servizo de pernocta está operativo entre as 21:00 e as 8:00 horas.

Neste sentido, os equipos do Servizo Municipal de Atención ás Emerxencias Sociais (SEMUS) e os equipos de rúa están a percorrer a cidade avisando aos posibles usuarios deste servizo de emerxencia para que se trasladen ao centro cívico.

Yoya Neira lembrou novamente que, ademais deste dispositivo especial nocturno, as persoas sen fogar poden utilizar tamén os demais centros cívicos durante o día. Tamén a Institución Benéfico Social Padre Rubinos flexibilizou as súas condicións de acollida mentres dure o temporal.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión