Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

12 de abril de 2021

O Concello mellora o firme do Paseo da Dársena e do Parrote despois de oito anos sen un mantemento integral

A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que este asfaltado era “unha vella demanda do transporte público e a veciñanza da zona” xa que amosaba signos evidentes “de gran deterioración”

O Concello, a través do Servizo de Infraestruturas, comezou a noite do domingo a asfaltar o Paseo da Dársena nun proxecto integral de saneamento que comprende tanto esta vía como o Paseo do Parrote. Concretamente, intervirase no firme do tramo comprendido entre Porta Real e Ánimas.

A alcaldesa da cidade, Inés Rey, sinalou que esta actuación era xa "unha vella demanda do transporte público e a veciñanza da zona" xa que "desde hai oito anos non se realiza un saneamento integral nesta vía, máis alá de tapar as fochas ocasionalmente". A estrada, apuntou Rey, amosaba signos evidentes "de gran deterioración".

Desde o Servizo de Infraestruturas explican que nesta actuación, que se executa a través do contrato municipal de reparación de calzadas, elevarase a zona asfaltada para crear unha plataforma única e eliminar así os problemas de accesibilidade que presentan as beirarrúas nalgúns tramos.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión