Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

6 de marzo de 2021

O Concello non computará como estancia efectiva o tempo de duración do actual estado de alarma nos centros municipais de empresa

A través desta iniciativa, que dá continuidade a unha anterior suspensión deste cómputo durante o primeiro estado de alarma, o Goberno local persegue apoiar de forma significativa o espírito empresarial na cidade

O Concello da Coruña non computará como estancia efectiva o tempo de duración do actual estado de alarma nos seus centros municipais de empresa: o Centro Municipal de Empresas (CME) Igrexario de Agrela, que comezou súa actividade no 2010,  e o Centro de Empresas "ACCEDE Papagaio", que abriu as súas portas no ano 2016.

A declaración do estado de alarma supuxo circunstancias difíciles e excepcionais para as persoas emprendedoras. Así, o concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, considera "necesaria a aplicación dunha suspensión ao prazo de estancia das persoas beneficiarias nos viveiros municipais" para que "estes período de tempo non lles compute no efecto do tempo efectivo para a estancia máxima en cada un dos centros". Esta iniciativa, asegura o edil, vén a dar unha continuidade a unha medida que xa se adoptou no anterior estado de alarma, entre marzo e xuño de 2020.

Deste xeito, as persoas usuarias destes centros poden ampliar a súa estadía nos sinalados centros coas ventaxas en canto a custo e servizos incluídos durante un tempo prolongado, que é especialmente necesario nesta fase de emprendemento e maduración dos respectivos proxectos empresariais.

Nos seus viveiros de empresa, o Concello da Coruña promove modelos avanzados de incubación e aceleración empresariais co obxectivo de impulsar a súa creación, fomentar a cultura emprendedora e colaborativa e dar apoio a todas as persoas emprendedoras no ámbito municipal.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión