Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de marzo de 2026

O Concello oferta 412 novas prazas nas Escolas Infantís Municipais

A preinscripción en liña deberá realizarse entre o 16 e o 30 de marzo a través do portal web do Consistorio

O Concello confirmou hoxe a cantidade de novas prazas dispoñibles en cada unha das Escolas Infantís Municipais (actualmente oito repartidas por a cidade). O total de vacantes xeradas este ano é de 412 repartidas nos tres cursos (0-1 anos, 1-2 anos e 2-3 anos). 

O último curso é o que más prazas xerou, con 158, seguido do segundo curso, con 134 e do primeiro, con 120. A distribución por centros é a seguinte:

  • Arela: 61 prazas (16 en 1º, 23 en 2º e 22 en 3º)
  • Monte Alto: 44 prazas (8 en 1º, 13 en 2º e 23 en 3º)
  • Os Cativos: 45 prazas (16 en 1º, 10 en 2º e 19 en 3º)
  • Luis Seoane: 57 prazas (8 en 1º, 29 en 2º e 20 en 3º)
  • Caracola: 40 prazas (16 en 1º, 10 en 2º e 14 en 3º)
  • Carricanta: 60 prazas (16 en 1º, 23 en 2º e 21 en 3º)
  • Os Rosales: 62 prazas (24 en 1º, 16 en 2º e 22 en 3º)
  • Agra do Orzán: 43 prazas (16 en 1º, 10 en 2º e 17 en 3º)

Terán carácter preferente aquelas solicitudes de praza nas que concorra algunha das seguintes circunstancias:

  • Os e as menores que se van matricular por primeira vez e que conten cun irmán ou cunha irmá escolarizado/a para o curso 2026-2027 nalgunha das escolas da REIM. 
  • Os fillos e fillas do persoal que presta servizos na escola infantil, coa condición de que existan prazas vacantes na escola infantil na que desexen matricular o/a menor. 

Así mesmo, as prazas reservadas por urxencia social, por dárense algunhas das seguintes circunstancias:

  • Menores tutelados/as ou en situación de garda por parte da Administración autonómica competente.
  • Fillas e fillos de mulleres que estean en centros de acollida ou sexan vítimas de violencia de xénero.
  • Menores que se atopen nun contexto sociofamiliar de risco social e que requiran unha intervención inmediata.

Todas as situacións enumeradas anteriormente deberanse acreditar documentalmente para xustificar o carácter preferente mediante a presentación da correspondente documentación. Os requisitos en cada casa pódense consultar no portal municipal a través desta ligazón.

Para solicitar unha nova praza, o alumno deberá ter unha idade mínima de 3 meses o día de comezo do curso escolar e non ter cumpridos os 3 anos o 31 de decembro de 2026. Con todo, poderanse eximir do requisito do límite de idade de 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo, de acordo coa normativa vixente e co establecido nas bases.

Tamén será preciso que o menor estea empadroado con algún dos proxenitores ou, se fose o caso, c titor/a legal. Para determinar o domicilio tomarase como referencia o dos e as solicitantes. Todas as persoas interesadas en obter unha praza deberán presentar unha preinscrición a través da ficha específica de "Solicitude de praza curso 2026-2027", dispoñible nesta ligazón. A preinscrición en liña deberase realizar entre o 16 e o 30 de marzo de 2026. A preinscrición en liña debe entregarse, xunto co resto de documentación establecida nas bases reguladoras do procedemento, polo rexistro municipal para completar a solicitude.

Ademáis, este ano o Concello incorpora para os usuarios das escolas infantís a creación dunha lista de espera única unha vez pechado o proceso ordinario, de tal xeito que se poidan ir cubrindo as vacantes que queden sen necesidade de que os pais e nais agarden por unha convocatoria extraordinaria. 

A alcaldesa, Inés Rey, recordou que o Concello segue a ofrecer de xeito gratuíto o servizo das escolas infantís na cidade: "Fomos pioneiros en Galicia en aprobar a gratuidade universal das nosas escolas e este ano, ademais, facémola extensible tamén ás dúas horas máximas de extensión de horario", indicou.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión