Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

13 de agosto de 2026

O Concello ofrece máis de 5.000 prazas na programación de outono dos centros cívicos

A convocatoria reúne 345 grupos para infancia, mocidade, persoas adultas e maiores. A preinscrición estará aberta os días 1, 2 e 3 de setembro e as actividades comezarán o día 28

 O Concello da Coruña presenta a nova programación de actividades socioculturais que se desenvolverá durante os meses de setembro a decembro na rede de centros cívicos municipais. A convocatoria ofrece 345 grupos e máis de 5.100 prazas, cunha proposta diversa destinada a persoas de todas as idades e distribuída polos barrios da cidade.

A oferta inclúe 40 grupos dirixidos á infancia, 27 para a mocidade, 216 de carácter interxeracional e 62 específicos para persoas maiores. A programación busca favorecer o benestar físico e emocional, a aprendizaxe, a creatividade, a inclusión dixital e a convivencia, consolidando os centros cívicos como espazos de encontro e participación próximos á veciñanza.

A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, subliñou que "os centros cívicos son equipamentos fundamentais para a vida dos barrios, porque ofrecen oportunidades para aprender, coidarse, relacionarse e compartir experiencias durante todo o ano. Con esta nova convocatoria mantemos unha programación ampla, accesible e adaptada ás distintas etapas da vida".

Entre as propostas para a infancia figuran actividades de animación en stop motion, deseño de personaxes manga, cociña, inglés, xestión das emocións, apoio escolar, baile e traballos manuais. Para a mocidade ofértanse, entre outras, accións de reforzo educativo, conversa en inglés, danza urbana, preparación de menús saudables e actividades orientadas ao autocontrol, á convivencia e á práctica físico-deportiva.

A programación interxeracional abrangue disciplinas como ioga, pilates, tai-chi, control postural, baile, fotografía, pintura, costura, cociña, nutrición, informática ou uso do teléfono móbil. A oferta para persoas maiores reforza especialmente a estimulación cognitiva, o exercicio adaptado, a prevención de caídas e a adquisición de competencias dixitais para favorecer a súa autonomía persoal.

A preinscrición realizarase os días 1, 2 e 3 de setembro a través da páxina web do Concello. As persoas que non dispoñan de acceso a Internet poderán recibir apoio telefónico no número 857 890 628.

CALENDARIO DO PROCESO DE INSCRICIÓN

  • 1, 2 e 3 de setembro | Preinscrición

  • 7 de setembro | Publicación das listaxes provisionais

  • 8 de setembro | Presentación de reclamacións a través do servizo de atención telefónica

  • 9 de setembro | Actualización das listaxes provisionais

  • 10 de setembro | Sorteo para a adxudicación das prazas

  • 21 de setembro | Publicación das listaxes de admisión e de agarda

  • 22, 23 e 24 de setembro | Formalización da inscrición e pagamento das taxas

  • 28 de setembro | Inicio das actividades e xestión das listaxes de agarda

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión