Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de septiembre de 2026

O Concello ofrece unha nova formación gratuíta no Accede Papagaio sobre subvencións públicas para empresas e pemes

O curso, que require inscrición previa, realizarase o próximo 30 de setembro a partir das 17.00 horas

O Concello ofrecerá o próximo 30 de setembro unha nova formación gratuíta no Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio sobre as subvencións públicas dispoñibles para empresas e pemes. O curso será das 17.00 ás 20.00 horas e o único requisito é dispoñer dun portátil para levar a cabo as actividades propostas. Estas actividades son impulsadas polo Goberno de Inés Rey para lle garantir á cidadanía un acceso o máis amplo posible a recursos gratuítos de asistencia laboral e empresarial. 

"O Papagaio segue sendo unha gran mostra de que desde a Administración local pode contribuírse decisivamente a reforzar o tecido produtivo da cidade, incentivando o emprendemento e dándolles ferramentas sen custo a todas as persoas que están a buscar o seu oco no mercado. Isto tamén é política social", subliñou o concelleiro Juan Ignacio Borrego. 

Os obxectivos principais do programa ofrecido son proporcionar ferramentas e pautas prácticas para preparar, identificar e tramitar subvencións públicas e axudarlles ás persoas usuarias a localizar, entender e solicitar subvencións para pemes e autónomos, e facilitar desta forma a condución de trámites burocráticos. 

Os contidos concretos da formación inclúen:

  • Que son as subvencións e como poden axudar a un pequeno negocio?

  • Onde buscar subvencións e como detectar oportunidades reais?

  • Como ler unha convocatoria de forma sinxela?

  • Como preparar e presentar unha solicitude?

  • Que facer despois de presentar a axuda?

  • Erros frecuentes e recomendacións prácticas

O prazo de inscrición xa está aberto, e débese cubrir o seguinte formulario en liña: https://forms.gle/VocQg67metG33akS7. A actividade é gratuíta ata se completar a capacidade. Esta nova proposta reforza a extensa programación de asistencia e divulgación que levan a cabo os centros municipais de empresa ao longo de todo o ano. Accede Papagaio albergou desde a súa apertura un total de 70 empresas de moi diversos sectores, mentres que o centro da Grela deu cabida a outras 48. Este Concello foi o impulsor da ordenanza reguladora destes centros, o que permitiu aumentar a estadía das persoas beneficiarias ata os 9 anos desde a fase de desenvolvemento da idea ata a súa consolidación no mercado.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión