Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de agosto de 2021

O Concello ofrecerá cursos de pádel, bádminton ou costas sás no mes de setembro para todas as idades

O prazo de inscrición rematará o 13 de agosto e as actividades distribuiranse por grupos segundo as franxas de idade e niveis de especialización das persoas participantes.

O Concello abre mañá unha nova convocatoria de actividades deportivas para o mes de setembro que inclúe desde a práctica de pádel, bádminton ou ximkana e carreiras de orientación até cursos de costas sás. Diríxense a toda a cidadanía se ben se organizarán por grupos segundo as franxas de idade e o nivel de especialización das persoas apuntadas. O prazo de inscrición terminará o 13 de agosto e as solicitudes deberanse formalizar cubrindo un formulario na páxina web www.coruna.gal/deportes ou chamando ao número de teléfono 981 18 42 00, ext. 25037, para completalo en liña, en horario de 08.00 a 15.00 horas, de luns a venres. Cada persoa poderá presentar unha única solicitude, en que téra até un máximo de dúas opcións a elixir.

A listaxe provisional publicarase o 16 de agosto e abrirase un prazo até o 18 para corrixir erros. O día 19 sortearanse as prazas en caso de que for necesario e as persoas interesadas deberán matricularse do 23 ao 31 de agosto en calquera das caixas de Deportes (Centro Deportivo de Riazor, Centro Deportivo da Torre ou no polideportivo do Barrio das Flores), con cita previa. Esta iniciativa responde á prioridade do Goberno de Inés Rey por fomentar os deportes entre toda a veciñanza e, neste caso, a través de actividades novidosas.

Todas as publicacións relativas a este proceso publicaranse a través da web municipal www.coruna.gal/deportes e nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas municipais. Así mesmo, poderase obter máis información no teléfono 981 189 800 e no de información da cidadanía 010.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión