Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

29 de septiembre de 2022

O Concello organiza dúas xornadas de portas abertas no novo Centro Deportivo do Castrillón

As instalacións abrirán ao público o 27 de decembro e as preinscricións comezarán en outubro

O Concello da Coruña organiza este venres e sábado dúas xornadas de portas abertas no Centro Deportivo do Castrillón para amosar á cidadanía as novas instalacións executadas durante este mandato e informar sobre os servizos que ofrecerán ditas instalacións. O Centro Deportivo abrirá as súas portas o vindeiro 27 de decembro.

As persoas interesadas en coñecer as diferentes salas deste edificio poderán facelo este venres 30 de setembro, de 16.00 a 20.00 horas, e o sábado 1 de outubro, de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. Formaranse grupos de 15 a 20 persoas, que estarán acompañadas por persoal municipal, que proporcionará información de interese sobre a infraestrutura. A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acompañará á asociación de veciños este venres pola mañá na primeira das visitas ao edificio. "Asumismos o compromiso de abrir neste mandato o Centro Deportivo do Castrillón, unha demanda do barrio desde hai moitos anos e que non foi satisfeita ata hoxe. As instalacións están rematadas e este ano entrarán en funcionamento, dando cumprimento así ao noso compromiso", indicou a alcaldesa.

A cidadanía poderá percorrer os dous andares do Centro Deportivo. Na primeira planta atópanse os controis de acceso e unha zona de agarda. Hai catro vestiarios, dous por xénero e outros dous para equipos que compitan puntualmente nas instalacións. Nesta parte sitúase a pista polideportiva, cunha bancada para 100 espectadores. Trátase dunha estrutura divisible en dúas partes mediante cortinas para poder levar a cabo varias actividades ao mesmo tempo. Atópase tamén, neste andar, a piscina de catro estaxes e a zona termal, con saunas, diferentes tipos de duchas, hidromasaxe e espazo para dous postos de masaxe. Completa esta primeira planta unha sala de actividades dirixidas, divisible en dúas partes mediante paneis móbiles.

No segundo andar é onde está a sala de fitness, que contará con zona cardiovascular e de musculación. Tamén haberá outra sala de actividades dirixidas, divisible en tres partes. O resto de estancias do Centro Deportivo do Castrillón forman parte dos espazos reservados para o persoal e o mantemento.

Estas instalacións, nas que o Goberno de Inés Rey investiu case 2 millóns de euros durante este mandato, contan cunha superficie total de 3.445 metros cadrados. O período de preinscrición comezará durante este mes de outubro, cando se informará ás persoas interesadas de todos os detalles sobre o uso do Centro Deportivo.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión