Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

3 de octubre de 2025

O Concello organiza excursión culturais para persoas usuarias dos centros cívicos con saídas a Valença, Tui e Combarro

As viaxes son gratuítas e diríxense a persoas maiores de 50 anos, con inscricións nas conserxarías dos centros

O Concello activa un programa municipal de excursións culturais para a veciñanza maior de 50 anos, totalmente de balde, con dúas rutas: Percorrido A (Valença do Minho-Tui) e Percorrido B (Pontevedra-Combarro). A inscrición realizarase nas conserxarías dos centros cívicos en horario de apertura. Cada persoa solicitante poderá retirar dúas prazas, e a visita nas localidades será libre co xantar por conta propia. "Desde o Goberno de Inés Rey continuamos a impulsar actividades nos centros cívicos para as persoas maiores, complementando unha oferta anual moi completa", indicou Nereida Canosa, concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación.

O Percorrido A comeza o mércores 22 de outubro cos centros do Castrillón, Palavea, Monelos, Os Mallos e Labañou (un autobús por centro). O mércores 5 de novembro participan Novoboandanza, Os Rosales, Elviña, San Diego, Monte Alto e Mesoiro. En total, mobilízanse 19 autobuses (54 prazas por bus; cando se comparte, 27 por centro). O Percorrido B (Pontevedra-Combarro) está previsto para os centros cívicos da Cidade Vella, Eirís e para todos os centros veciñais, con datas o 31 de outubro e o 11 de novembro.

As saídas efectuaranse ás 9.30 horas desde cada punto asignado e o regreso á Coruña está previsto a partir das 19.30 horas. As paradas de carga/descarga por centro están preestablecidas (por exemplo, Praza de Pontevedra para Artesáns; Porta Real para Cidade Vella; Rolda de Outeiro-Bingo para Novoboandanza; Av. de Arteixo-Centro de Saúde para Os Mallos; e no Birloque, polideportivo, parada 343). A listaxe completa está dispoñible nos centros.

"Estas saídas fomentan o envellecemento activo e a vida en comunidade, achegando cultura e convivencia á nosa veciñanza maior. É unha oportunidade para gozar, aprender e compartir, con todas as facilidades e seguridade que ofrece o Concello", indica Nereida Canosa, que salienta a aposta do Goberno de Inés Rey polas organización de actividades sociais e culturais para todos os públicos ao longo de todo o ano.

Programación completa por días

  • Mércores, 22 de outubro | Percorrido A "Valença do Minho - Tui" (Castrillón, Palavea, Monelos, Os Mallos, Labañou) | Saída 9.30 h | Inscricións: do 6 ao 15 de outubro | Regreso a partir das 19.30 h.
  • Venres, 31 de outubro | Percorrido B "Pontevedra - Combarro" (Cidade Vella, Eirís e centros veciñais) | Saída 9.30 h | Inscricións: do 15 ao 23 de outubro | Regreso a partir das 19.30 h.
  • Mércores, 5 de novembro | Percorrido A "Valença do Minho - Tui" (Novoboandanza, Os Rosales, Elviña, San Diego, Monte Alto, Mesoiro) | Saída 9.30 h | Inscricións: do 17 ao 27 de outubro | Regreso a partir das 19.30 h.
  • Martes, 11 de novembro | Percorrido B "Pontevedra - Combarro" | Saída 9.30 h | Inscricións: do 24 de outubro ao 4 de novembro | Regreso a partir das 19.30 h.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión