4 de noviembre de 2025
Inés Rey: “Este mercado será un punto de encontro para a cidadanía e un apoio ao comercio e á hostalaría local durante a campaña de Nadal”
A iniciativa contará con preto de 50 casetas de artesanía, gastronomía e actividades infantís e busca dinamizar o centro da cidade durante as festas
O Concello da Coruña ultima os preparativos para a celebración dun mercado de Nadal ao estilo centroeuropeo, que se instalará na praza de María Pita entre o 28 de novembro e o 2 de xaneiro, cun total de arredor de 50 casetas destinadas á venda de produtos típicos de Nadal, artesanía, gastronomía e decoración.
O mercado, que se inspira nos tradicionais formatos europeos destas datas, adaptarase á identidade local e estruturarase en distintas zonas: unha área de artesanía e venda de produtos navideños, unha zona de restauración con pérgolas e mesas e un espazo central dedicado ao público infantil, que incluirá unha caseta tematizada como a casa de Papá Noel en Laponia e unha programación específica de actividades para nenas e nenos.
O horario de apertura será de luns a xoves en horario de tarde, e os venres, sábados, domingos e vésperas de festivo en horario de mañá e tarde.
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, destacou a importancia deste proxecto dentro da programación do Nadal na cidade: "Queremos ofrecer unha experiencia única que contribúa a encher de vida a praza de María Pita durante estas datas, cun mercado de Nadal pensado para gozar en familia e que suporá tamén unha oportunidade de dinamización para a contorna".
O Concello informa de que os comerciantes e hostaleiros da cidade contarán con condicións especiais para participar. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo electrónico a comercio@coruna.gal
O mercado de Nadal enmárcase dentro da programación festiva municipal, que incluirá outras propostas culturais e de lecer para todos os públicos.

15 de noviembre de 2025

15 de noviembre de 2025

14 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible