20 de septiembre de 2026
Os galardones distinguen unha decena de proxectos de diferentes disciplinas relacionados coa divulgación científica
O xurado dos XXXIX premios Prisma Casa das Ciencias á Divulgación, un galardón impulsado polo Concello a través de Museos Científicos, decidiu hoxe os gañadores e gañadoras da presente edición, cunha selección interdisciplinaria de profesionais de diferentes ámbitos relacionados coa divulgación científica, como o xornalismo, a literatura, o audiovisual ou a innovación.
"Os premios Prisma son xa toda unha institución nesta cidade. O Goberno de Inés Rey seguiu e reforzou esta iniciativa ao longo destes anos porque entende que é tarefa do Concello incentivar e premiar a excelencia e promover a nacemento de ideas novas e apaixonantes no terreo das ciencias. De novas formas de facer as cousas. Todo iso premiamos co Prisma", subliñou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.
A listaxe de galardoados cos Prisma de Bronce son:
Mellor traballo en vídeo: "La luz con el tiempo dentro", de Elena Alonso Redondo, Luis Gómez Juanes e Paloma Banderas Bielicka, por facer accesible e emocionante un fenómeno físico de enorme complexidade sen descoidar o lado humano da investigación científica.
Mellor traballo en novos medios: canle de YouTube "Cuarentaydos", de José Luis Oltra Calatayud, pola calidade, creatividade e dinamismo dunha produción divulgativa consolidada.
Mellor proxecto de divulgación científica sobre a auga no medio urbano: "Del cloro a la diversidad", de Bárbara Martínez Escrich e Mónica López Martínez do Instituto Municipal de Gestión Medioambiental-Real Jardín Botánico de Córdoba, pola súa orixinalidade e marcada visión didáctica.
Mellor artigo xornalístico: "ChatGPT no pasa la prueba: así pone en peligro la vida de los menores", de Isabel Rubio Arroyo para El País, por poñer en evidencia a través da experimentación directa e o coñecemento de fontes expertas o risco da falta de controis efectivos na tecnoloxía ao alcance dos menores.
Mellor traballo en radio: "Calvet en bicicleta" de Manuel Vicente García, César Martínez Pérez, Rosa Pedrido Castiñeiras, Estíbaliz Espinosa Río e Juan José Fernández Gómez por aproveitar todas as posibilidades dunha experiencia estética sonora integral.
Mellor proxecto singular: "#LaCienciaDel100" de Navarrabiomed-Fundación Miguel Servet, por propoñer unha innovadora experiencia de divulgación científica e trasladala con eficacia ao medio dixital.
Mellor libro editado: "Viaje al planeta de los insectos", de Chema Catarineu para Tundra Ediciones, por utilizar os insectos como vía para abordar conceptos máis amplos e polo emprego do humor e recursos visuais para despertar a curiosidade de lectores e lectoras inesperados.
Ademais, o xurado decidiu outorgarlle o Prisma Especial do Xurado a "Desgranando Ciencia", pola traxectoria dun evento que conxuga múltiples fórmulas de divulgación científica co fomento da participación cidadá.
Tamén se decidiu outorgar mencións honoríficas nas modalidades seguintes:
Mención de honra na categoría de vídeo para "O camiño de cova Eirós", de José González Varela.
Mención honra na categoría de radio para "Vis a vis con la ciencia", do Museo Nacional de Ciencias Naturales.
O premio Prismas é unha iniciativa dos Museos Científicos Coruñeses-Concello da Coruña que pretende potenciar a difusión da cultura científica en España, e apoiar a todas e todos os profesionais que traballan neste campo. O xurado estivo composto pola presidenta, Rocío Benavente (xornalista científica adxunta á dirección da Fundación Maldita ), o xefe de servizo de Museos Científicos Coruñeses, Marcos Pérez Maldonado, que actuou como secretario, e os vogais Gemma del Caño (farmacéutica especialista en industria alimentaria e divulgadora científica), Yolanda Golías (profesora da Área de Didáctica das Ciencias Experimentais da Universidade da Coruña ) e Diego Ortega (profesor de Didáctica da Expresión plástica da Universidade de Jaén e ilustrador científico).

20 de septiembre de 2026

20 de septiembre de 2026

19 de septiembre de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible