Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

30 de septiembre de 2026

O Concello pon en marcha a programación pioneira de actividades adaptadas no CEE Nosa Señora do Rosario

As actividades, deseñadas especificamente para nenos e nenas con necesidades educativas especiais, consisten en multideporte adaptado, práctica de judo e arte terapia

O concelleiro de Educación, Innovación Tecnolóxica e Formación presentou hoxe a programación das actividades adaptadas a nenos e nenas con necesidades educativas especiais, que se celebrarán durante este curso no CEE Nosa Señora do Rosario e darán resposta a unha necesidade expresada polos pais e nais a través das ANPA do centro, que colaborou estreitamente na elaboración deste proxecto pioneiro en Galicia e punteiro tamén a nivel nacional, que reflicte o compromiso do Goberno de Inés Rey cunha oferta educativa e adaptada ampla e que teña en conta a todo o alumnado da cidade. 

"As persoas con necesidades educativas especias son únicas. Como cada un de nos. Todos temos unhas necesidades que precisamos cubrir. Dende o Concello queremos realizar actividades únicas. Adaptadas a eles. Como fan no seu colexio en horario lectivo. Actividades complementarias e de conciliación que axuden tanto aos nenos e nenas como ás propias familias", apuntou Juan Ignacio Borrego. 

A organización destas actividades no propio centro escolar está orientada a facilitar a conciliación e o descanso das familias. Por iso están planificadas de luns a venres, de 15:00 a 17:00 horas. Así mesmo, Borrego tamén recordou que este é un proxecto piloto, e que tras esta experiencia o Concello poderá tomar impulso para ampliar este concepto de actividades a outros centros. 

As actividades propostas son:

  • Multideporte adaptado. Organizada por ENKI e con 3 sesións á semana (luns, martes e venres).

  • Práctica de Judo. Organizada polo Club Edukajudo e con unha sesión semanal os mércores. 

  • Arte Terapia. Organizado pola Asociación Cultural Vita Caeli para a Inclusión Social a través das Artes e que se impartirá os xoves. 

En total, se beneficiarán deste novo servizo 14 menores, 4 mais dos previstos inicialmente. Case a totalidade se quedan a máis dunha actividade durante a semana. Polo tanto, o número total de prazas cubertas ascende a 53. 

Non obstante, Juan Ignacio Borrego tamén lamentou que o servizo de autobús e as axudas ao transporte ofrecidos pola Xunta resultan insuficientes para garantir que máis nenos e nenas poidan participar, especialmente aqueles que viven noutros concellos e teñen que trasladarse á Coruña para poder acceder a un servizo coma este. "Estes nenos e nenas non son só da cidade da Coruña. Veñen tamén doutras localidades. E a Xunta de Galicia ten implantado o servizo de autobús ou de axuda ao transporte no colexio que resulta insuficiente para cubrir as necesidades actuais. Destinos tan próximos a esta cidade como é Arteixo non dispoñen de servizo de autobús adaptado", rematou o concelleiro.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión