Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

15 de abril de 2021

O Concello pon en marcha a segunda fase do plan de mobilidade: “Coruña toda 30”

A intención do Goberno local é que todas as vías do centro urbano teñan polo menos un carril con velocidade reducida para que se poida circular en bicicleta e patinete con total seguridade.

O concelleiro de Urbanismo e Mobilidade, Juan Díaz Viloslada, presentoulles esta tarde ás persoas integrantes da Mesa pola Mobilidade o Plan de mobilidade 2021. O proxecto recolle as principais actuacións que está a realizar o Concello neste ámbito. O edil detallou como se están desenvolvendo novas medidas de Coruña Cidade 30, xa que o vindeiro 11 de maio entran en vigor as normas da DXT para reducir a velocidade nalgunhas vías das cidades.

O Goberno de Inés Rey xa aprobou en maio do ano pasado esa redución a 30 km/h no 95% das rúas. "Agora estamos traballando na segunda fase do plan, "Coruña Toda 30", cuxo obxectivo é que en todas as vías do centro urbano haxa polo menos un carril con velocidade limitada a 30 km/h. Así, todas as vías da cidade con dous o máis carrís contarán cun carril 30 km para que se poida circular en bicicleta ou patinete con total seguridade", dixo.

Outros dos asuntos tratados na xuntanza foron as iniciativas que o Goberno local lle presentou ao Ministerio de Transporte para poder optar aos fondos europeos Next Generation: a Estación Intermodal e o Sistema Intelixente de Mobilidade (SIMoB), que servirá para realizar a monitorización dixital do tráfico na cidade para saber como se utiliza o espazo público, a carga e descarga, os túneles ou o ciclo semafórico, co fin de tomar decisións baseándose en datos e metadatos e utilizando as vantaxes da intelixencia artificial. Neste aspecto, Villoslada explicou que, para botar a andar este sistema, traballan na actualidade con grupos de investigación da UDC e en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico e o Clúster da Loxística de Galicia. O terceiro dos proxectos é un plan de establecemento de zonas de baixas emisións, co que este concello aspira a ter listos os sistemas para cumprir as directrices que marcará a nova lei de cambio climático.

Por outra banda, o Concello leva a cabo distintos proxectos enmarcados na estratexia Eidus para avanzar cara a unha mobilidade sustentable na cidade. Explicou que se está traballando en crear camiños escolares seguros, promover a mobilidade en bicicleta (que inclúe a renovación Bicicoruña e dúas obras na rede ciclable), implantar unha marquesiña piloto nas paradas de buses, crear un portal da mobilidade urbana e implantar ferramentas TIC para a mobilidade urbana asistida.

.

Canto á renovación da rede Bicicoruña, a cidade contará cunha frota total de 514 unidades repartidas polas 55 estacións (32 delas serán novas), postos de ancoraxe e sistemas tecnolóxicos de sóftware de xestión do servizo de bicicletas municipal. Ademais, a empresa comprometeuse a pór en marcha unha ferramenta de medición que permitirá realizar o seguimento da redución anual de gases de efectos invernadoiro.

Na sesión tamén se analizaron a estrutura e os contidos da Ordenanza de Mobilidade que está a elaborar o Goberno local. Neste sentido, Villoslada sinalou que tras finalizar o trámite de consulta previa, está a preparar unha ordenanza "En canto haxa unha proposta, pasarase aos grupos de traballo para o seu estudo, debate e redacción definitiva", apuntou. A nova ordenanza integrará e actualizará distintas ordenanzas municipais que están obsoletas. "O obxectivo é regular novos aspectos da mobilidade desde o punto de vista da ordenación do espazo público", sinalou.

O Pleno da Mesa pola Mobilidade tamén serviu para presentarlles ás persoas integrantes o informe anual de 2020 que recolle as actividades que se desenvolveron, en especial as medidas adoptadas durante a pandemia tanto no confinamento como no inicio da desescalada. A Concellaría de Mobilidade, explicou o edil, ampliou os espazos peonís da cidade co fin de facilitar a distancia social da poboación nas rúas. Fixéronse peonís carrís para os converter en sendas para camiñar no Paseo Marítimo, en Riazor, nos Cantóns, entre Catro Camiños e Matogrande e no Portiño. Habilitouse un carril exclusivo para correr no Paseo e mantivéronse moitas ampliacións peonís. E, tamén na desescalada, presentouse un Plan de Mobilidade para lle dar protagonismo á cidadanía e restarllo aos vehículos, nunha aposta polos corredores verdes, a peonalización das rúas e a mellora do transporte público.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión