Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

19 de septiembre de 2022

O Concello pon en marcha un novo sistema acústico nos semáforos para persoas invidentes

Os novos dispositivos detectarán cando se aproxime unha persoa cega a través dunha aplicación ou un dispositivo, o que permitirá que o sinal acústico se active

O concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Díaz Gallego, presentou hoxe o novo sistema acústico que se instalará nos semáforos da cidade para persoas invidentes. Esta demostración levouse a cabo no cruzamento entre as rúas Juaz Flórez e Médico Rodríguez e formou parte da programación da Semana Europea da Mobilidade, que continuará ata este xoves 22. Díaz Gallego estivo acompañado de Manuel Martínez Pan, delegado territorial da ONCE.

O Goberno de Inés Rey levará a cabo a renovación de 226 dispositivos acústicos para invidentes na cidade, reemprazándoos por estes novos sistemas, que contan con tecnoloxía Bluetooth e activación a distancia a demanda. Ademais, instalaranse outros 18 dispositivos novos en lugares acordados coa ONCE. O asesoramento sobre o funcionamento e a instalación do software requerido ou o suministro do mando inalámbrico correrá a cargo da ONCE.

A través dunha aplicación móbil con conexión Bluetooth ou dun mando, o sistema acústico detectará cando hai unha persoa invidente no semáforo e activará o son do sinal para facilitar o cruce. Isto, tal e como apuntou Díaz Gallego, será beneficioso para as persoas invidentes, pero tamén para os veciños e veciñas, xa que o volume do sistema acústico desactivarase se non se detecta a unha persoa cega, o que facilitará o descanso, sobre todo polas noites.

Esta mellora conta cun orzamento de case 600.000 euros. Está previsto que a instalación quede completada nos próximos catro meses. Ademais, dentro destas melloras de mobilidade e accesibilidade tamén se inclúe a instalación de 364 sistemas dinámicos de información ao usuario sobre o tempo do semáforo de cruce en verde e vermello, a renovación de 79 reguladores semafóricos controlados na sala de control de tráfico e a ampliación da rede de comunicacións de fibra óptica con 21 novos nodos de comunicacións.

O Goberno de Inés Rey continúa a promover unha mobilidade máis eficaz e sostible para todas as persoas. Desde a Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Insfraestruturas e Mobilidade estanse a realizar actuacións en distintos puntos da cidade para facilitar unha accesibilidade total.

Semana da Mobilidade

Durante esta semana continuarán as actividades da Semana Europea da Mobilidade, que teñen como obxectivo concienciar á cidadanía sobre a mobilidade sostible, a educación viaria, a accesibilidade universal e a necesidade de adoptar novos hábitos ecolóxicos neste eido. Como novidade, estanse a celebrar actuacións musicais en diferentes rúas peonís da cidade onde se levaron a cabo actuacións de mellora nos últimos anos.

PROGRAMA

LUNS 19. Accesibilidade.

  • 12:00 h. Rúa Médico Rodríguez con Rúa Juan Flórez. Posta en funcionamento do novo sistema acústico dos semáforos para persoas cegas.
  • 19:00 h. Carpa de BiciCoruña. Mobi-liza: Xornada de formación para usuarios de BiciCoruña.
  • 20:00 h. Rúa Alcalde Marchesi. Animación do grupo 'Son D'aquí'.

MARTES 20. Conectando Coruña.

  • 11:00 h. Stop Accidentes: Marcha en bicicleta 'Outra mobilidade é posible e divertida'.
  • 16:30 h. Sala Leonardo da Vinci da Domus. III Foro da Mesa de Mobilidade 'Protagonistas da mobilidade Coruñesa'
  • 20:00 h. Rúa San Andrés. Animación da 'Cuarentuna de Veteranos da Coruña'.

MÉRCORES 21. Educación viaria.

  • Marcha escolar a pé ata a Rúa San Leopoldo coa Policía Local.
  • Presentación da nova web da Compañía de Tranvías da Coruña.
  • 20:00 h. Rúa San Leopoldo. Animación do grupo 'Cántigas da Terra'.
  • 20:30 h. Carpa do Obelisco. Mobi-liza: Documental 'Os riders na Coruña'.

XOVES 22. Día sen coches en San Andrés (de 15:30 h a 20:30 h).

  • 11:00 h. Rúa Compostela. Stop Accidentes: 'Dalle vida á rúa'.
  • 17:00 h. Campus de Elviña. Mobi-liza: ruta en bici.
  • 18:00 h. Rúa San Andrés. Animación do grupo 'El Acorde Secreto'
  • 20:30 h. Carpa do Obelisco. Mobi-liza: Documental 'Los caballitos a pedales'

STOP ACCIDENTES

  • 15-30 de setembro na Estación de Autobuses. Exposición 'Peatón, no atravieses tu vida'.
  • Exposición itinerante dos buses 'Agora imos andando ao cole'.
  • Concurso de cartas e debuxos.
  • 22 de setembro ás 11:00 h na rúa Compostela 'Dalle vida á rúa'.

MOBI-LIZA

  • 17, 18 e 19 de setembro na carpa de BiciCoruña. Xornadas de formación para usuarios de BiciCoruña.
  • 21 de setembro ás 20:30 h nas carpas do Obelisco. Documental 'Os riders na Coruña'.
  • 22 de setembro ás 17:00 h no campus de Elviña. Ruta en bici.
  • 22 de setembro ás 20:30 h nas carpas do Obelisco. Documental 'Los caballitos a pedales'

GRUPO DE ACCESIBILIDADE CORUÑA

  • 19 de setembro nas carpas do Obelisco. Actividades de concienciación.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión