3 de noviembre de 2020
A Concellería de Deportes, en colaboración con After Surf e outras entidades, organizará un evento de surf de Onda Xigante de carácter internacional, que pretende posicionarse xunto a outros certames de gran calado como o de Nazaré grazas aos 20 metros de altura que a onda chega a acadar mar adentro e ao potencial natural da zona. Mónica Martínez anuncia que A Coruña acollerá o Campionato de España de Onda Grande 2020 antes de que remate o ano, tamén no Portiño, e se as condicións do mar o permiten.
O Concello da Coruña, a través da Concellería de Deportes, e en colaboración con After Surf e outras entidades, organizará un evento de surf de Onda Xigante no Portiño, de carácter internacional e que pretende posicionarse xunto a outros certames de gran calado como o de Nazaré grazas aos 20 metros de altura que se chegan a acadar en mar aberto e ao potencial natural da zona. A iniciativa xorde a raíz de coñecerse que a cidade acollerá o Campionato de España de Onda Grande 2020 antes de que remate o ano, tamén no Portiño, se as condicións do mar o permiten, pero neste caso a altura das ondas van de 7 a 11 metros de altura e os surfistas acceden remando a estas.
A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, considera que "A Coruña, e en concreto a zona do Portiño, ten moitísimo potencial para realizar un certame desta envergadura" e cre que "é necesario para a cidade abrirlle os ollos a un deporte que existe noutras partes do mundo que ofrecen condicións similares ás do Portiño, como é o caso de Nazaré, o epicentro do surf de ondas grandes, ou o Illa Pancha Challenge de Ribadeo". Ademais, destaca a edila, "contamos coa colaboración do surfista de orixe francobrasileira instalado en Bastiagueiro, Eric Rebiere, que está considerado un dos profesionais da elite das ondas xigantes a nivel mundial, para o que foi o descubrimento da existencia desta onda no Portiño" e, engade, "A Coruña veu nacer o actual campión de España de Onda Grande, Juan Fernández, que conseguiu este título a primeira vez que participou na competición".
Martínez asegura que, para a cidade, "é máis que un evento deportivo" xa que a organización "promoverá entre as e os profesionais asistentes o coñecemento da zona en que se desenvolve o campionato". Ademais, a edila sinala que os parámetros de seguridade, "moi relevantes neste tipo de eventos deportivos de risco", xa se están estudando para que a competición se poida realizar con todos os niveis de seguridade necesarios. A titular de Deportes confía en que este certame será "todo un espectáculo para o público, xa que o Paseo Marítimo do Portiño é unha contorna segura, un anfiteatro natural que permitirá velo desde diferentes puntos da nosa costa".
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible