Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de febrero de 2021

O Concello porá en marcha un concurso de disfraces virtual para manter viva a festa do Entroido

As bases para poder participar no certame publicaranse a próxima semana nas redes sociais municipais

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou hoxe que o Concello porá en marcha un concurso de disfraces nas redes sociais para que a rapazada poida participar desde a casa na celebración deste Entroido atípico. A alcaldesa sinalou que o Concello, tras a decisión de cancelar os festexos, quere manter "viva", unha das nosas grandes tradicións. Por mor da situación epidemiolóxica derivada da pandemia da COVID 19, convocarase as coruñeses e os coruñeses a gozaren desta festa desde as súas casas.

A alcaldesa animou a veciñanza a disfrazarse nas súas casas e compartir o seu Entroido particular a través das redes socias (Facebook, Instagram e Twitter).

O Concello publicará a próxima semana as bases para poder participar no concurso virtual, en que se especificarán as categorías, premios, a composición do xurado e os prazos para subir as fotografías. O resultado final publicarase nas redes socias municipais, onde se subirán as imaxes das gañadoras e dos gañadores e o seu premio correspondente.

A alcaldesa lamentou que a situación sanitaria impida desenvolver o Entroido da maneira tradicional, aínda que espera que o espírito do Entroido coruñés permaneza a pesar da pandemia. "Manter vivas as nosas tradicións é manter viva a nosa cultura, por iso vos animo a todas e todos a participardes", dixo.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión