Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

24 de agosto de 2020

O concello propoñerá no Consorcio de Turismo a creación dunha Mesa institucional para Alvedro

A análise da situación do aeródromo coruñés e as alternativas de futuro serán o obxectivo común deste comité no que o concello agarda que interveñan os sectores empresariais, turísticos e institucionais da cidade e os concellos da comarca

O concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, reuniuse esta mañá co Comité de Empresa de Alvedro para lles dar conta da actual situación do aeródromo coruñés, e das actuacións que se levarán a cabo para garantir o seu futuro.

O edil sinala que é necesario reunir o Consorcio de Turismo, do que forman parte o concello, a Cámara de Comercio e a Autoridade Portuaria, para propoñer a creación dunha Mesa Institucional e social que analice as posibles accións que se van tomar no aeroporto de Alvedro. O concello agarda que interveñan os sectores empresariais, turísticos e institucionais da cidade, así como os diferentes concellos da comarca da Coruña. O obxectivo é "adiantarse á normalidade", é dicir, que unha vez superada a crise sanitaria o aeroporto opere con total normalidade e potenciar novas rutas que fomenten a cidade da Coruña como destino de referencia no noroeste peninsular, e para mellorar a situación do aeródromo.

Durante a reunión de hoxe, Borrego explicoulles a situación contractual con Vueling e as posibles consecuencias da cancelación dos voos a Heathrow e tamén as negociacións levadas a cabo con outras compañías aéreas como Iberia ou Volotea para impulsar novos destinos desde Alvedro. Estas conversas xa se iniciaron no ano pasado, pero debido ás consecuencias causadas e á incerteza da pandemia da COVID-19 moitas destas accións tiveron que ser suspendidas temporalmente.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión