Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de febreiro de 2025

O Concello publica a guía ‘Ti elixes’, concibida para orientar o alumnado na súa escolla de formación e estudos, tamén na busca de emprego

A guía, elaborada pola Rede Municipal de Información Xuvenil, complementa a celebración das Xornadas de Orientación Artística e Profesional que terán lugar entre os días 17 e 24 na Coruña

O Concello vén de publicar na web municipal a guía 'Ti elixes' 2025, unha ferramenta divulgativa coa que o Goberno de Inés Rey busca achegarlle información de primeira utilidade ao alumnado dos centros educativos ao abeiro das Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP), que terán lugar entre os días 17 e 24 de febreiro na Coruña.

A guía, elaborada polo equipo de profesionais da Rede Municipal de Información Xuvenil, axuda a resolver dúbidas recorrentes en relación cos estudos, bolsas e axudas de educación secundaria, formación profesional e títulos superiores e universitarios. "Tamén facilita recursos á hora de buscar emprego e no referente ás titulacións de idiomas", precisou o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego.

Neste sentido, Borrego subliñou a importancia de "axudar e orientar as alumnas e alumnos na súa toma de decisións de cara ao futuro", motivo polo que se convocan as XOAP, que este ano chegan á súa segunda edición, coa colaboración dos centros públicos de FP da cidade e da Escola Superior de Deseño Pablo Picasso.

As XOAP 2025, ideadas para as e os estudantes da ESO e bacharelato, celebraranse os días 17, 18, 19 e 24 de febreiro. Os tres primeiros días, haberá visitas ás instalacións dos centros públicos de FP e á EASD Pablo Picasso, con charlas informativas. Ademais, o mércores 19 (17.30 horas) tamén terá lugar unha xornada informativa sobre os estudos superiores de deseño en Galicia, que terá lugar na EASD Pablo Picasso. E xa o luns 24 (18.00 horas), o Fórum Metropolitano acollerá unha charla sobre os ciclos de FP básica.

O alumnado asistente ás sesións recibirá a súa guía 'Ti elixes' 2025, que, como lembrou o concelleiro, tamén está habilitada xa para descargar en formato dixital na web do Concello, co fin de facilitar a súa consulta.

Documentos:

Descarga aquí a guía 'Ti elixes' 2025 (1 MB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión